Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un niño no xardín

martes, 12 de junio de 2012
A particularísima literatura infantil na Galiza xa ten seus singulares mentores, que veñen a rexenerar un xénero que sempre foi considerado como cativo ou secundario, o infantil.

Xoán Neira, nado en Meilán, na periferia de Lugo, no 1953 é profesor en Viveiro onde reside. Este escritor ven desenvolvendo unha prodixiosa obra poética para ese público infantil que consideramos o mais crítico dos lectores, que ten criterios moi firmes no si e no non. Un público que non admite horizontalidades e sempre sincero co que determinan seus gustos.

Nesta súa recente entrega, baixo o título: “Un niño no xardín”, de Edicións Xerais de Galicia, con trinta poemas e ilustrados por Ánxeles Ferrer, determinan esa atracción de achegas a un estilo propio e a un traballo ben coordinado nese xogo de símbolos temáticos, onde os nenos acceden a esa outra pedagoxía do poema narrado e ben rimado tendo como destaque a flora e a fauna, dous elementos fundamentais para retomar esa voz, cando non un berro, para achegarse ao que temos que preservar a natureza desde a infancia.

Para Xoán Neira a literatura infantil non só é un xogo é tamén concienciación, búsqueda e apelo en moi diversas direccións existenciais, onde os seus temarios propagan ir ao celme da natureza e sustanciar cada un dos elementos expostos neses destaques que nos ofrenda. Cando isto xurde, desde o achegamento dun pedagogo que se relaciona co pensar e coa conducta manifestada por seus alumnos, estamos no bo camiño de reencontrarnos cun libro que tamén aos adultos nos fai recrear, pensar e defender postulados de todo o que se argumenta neste libro.

“Un niño no xardín” ven a reafirmar a seu autor como un dos creadores mais intensos que a nosa literatura infantil compendia. Tanto as pesquisas como as reafirmacións de Xoán Neira, neste xénero, propician estar atentos a un autor que trata de afiliar na conducta dos nenos sorpresas dese xardín de plenitude e beleza que se codifica nas flores e nos animais. A escrita infantil de Xoán Neira propicia ese desexo de achegamento para conmover conciencias e rescatar algo moi importante do que ignoramos, nun flor de orballo e no cántico do paporroibo.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES