Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transformar rostros e institucións

lunes, 21 de febrero de 2005
Persoas e situacións. Sociedade/Mundo. Comezando polo propio, polo da Igrexa (aínda sen o aggiornamento do Vaticano II) e polo da vella Europa, á procura de máis convivencia social e solidaria. Non vai resultar doado transformarnos a nós mesmos e ás Institucións (Igrexas/ Estados) ancoradas nun recente pasado de poder. Difícil tarefa dos/as cidadáns/ás da nova Europa que se está a construír.

A mensaxe chéganos, hoxe, por dúas vías: polo relato da vocación de Abrán, o pai da fe das tres relixións (xudía, cristiá e musulmana) e polo rico simbolismo da transfiguración de Xesús dando pulo á fe dos primeiros membros do novo Pobo de Deus (a Igrexa). A realidade da Europa dos Vintecinco, con ou sen cita expresa da súa raiceira cristiá, está chamada a compartir vida e proxectos desde a riqueza da universalidade e a diversidade, para aprender a vivir en irmandade e na esperanza cos outros pobos e relixións. Unha realidade actual innegable.

Estamos chamados a entendernos. Para iso precisamos coñecernos, aceptarnos, acollernos, querernos... Fainos falla unha fonda transformación para sermos quen de harmonizar o noso parentesco humano, histórico e espiritual. Cristiáns e musulmáns bebemos dos mesmos Libros do Xudaísmo que, á súa vez, bebeu da doutrina das relixións orientais. Temos que camiñar/vivir "collidos das mans". A convivencia e a fraternidade han de levarnos a construír unha sociedade xusta e solidaria que só vai ser posible se cremos na nosa capacidade de facelo, na forza e unión de todos/as e se nos deixamos transformar (interna e externamente) sendo fieis á vontade do mesmo Deus que invocamos como Pai, Yavé ou Alá. Os cristiáns (católicos, protestantes e ortodoxos) debemos ir diante na nosa vontade de acollida e acercamento ós irmáns como proba da fidelidade a Deus/Cristo.

O dito serve para os outros países. Tamén para España. As relixións non dividen. Só separan e enfrontan ós que en nome de Deus queren xustificar os seus fanatismos ou idolatrías (culto) ó poder, ó diñeiro, á mentira, á guerra.... Cómpre irmos todos xuntos ó encontro cos irmáns para transformar tamén a manchea de estructuras de mal e de pecado que reinan aínda en Europa e no Mundo.

Xunto coa busca da renovación persoal temos por diante outra oportunidade de traballar por Europa e o Mundo mellores. Un bo testemuño pode ser o apoio ó "Protocolo de Kioto" (ratificado por 141 países) para que sexa tamén asumido polo resto dos estados que, escandalosa e insolidariamente, aínda non asinaron.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania