Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cámaras de vixiancia

lunes, 11 de junio de 2012
En calquera superficie comercial onde entremos, hai cámaras de seguridade que deixan constancia da nosa presencia. E hai cámaras en centros oficiais, en institucións, mesmo en pequenos comercios . Eu vou todas as fins de semana a unha panadería en Rábade que ten unha cámara enfocada á porta, e mesmo os nenos que entran xa están afeitos a mirar para a pantalla e ver a súa imaxe capturada pola cámara. En fin, que na actualidade, as cámaras de seguridade son elementos imprescindibles para disuadir aos amigos do alleo de que ataquen os bens doutros alomenos de xeito directo, á luz do día, e polos lugares máis visibles.

A vixiancia por medio de cámaras é unha solución económica axeitada para os polígonos industriais, imposibles de controlar doutro xeito, actuando nunha doble dirección: Se se produce algunha incursión, queda constancia gravada do que pasou, como pasou e posiblemente quen o fixo. E pola outra banda, a mesma existencia das cámaras disuadirá aos que pudieran ter a tentación de entrar onde non deben.

Pois no Polígono do Ceao, en Lugo, o máis importante da provincia, veñen de declarar fóra da Lei estas cámaras de vixiancia, que levan varios anos de funcionamento e ata agora pasaron as correspondentes revisións, pero neste ano non a superaron e van ser desconectadas inmediatamente.

Un informe da Comisión de Garantías de Videovixiancia de Galicia, vinculante para a Delegación do Goberno, non permite que sigan funcionando estas cámaras, tanto as lectoras de matrículas como as videograbadoras. Parece ser – e se así é supón unha auténtica mostra de humor negro- que a Comisión non atopa abondo acreditada a necesidade da existencia destas cámaras, porque non existe verdadeiramente unha falla de seguridade no Polígono do Ceao. E eso que da Comisión forman parte membros do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia co seu fiscal Xefe, un abogado do Estado, un representante da Administración Xeral do Estado e un representante da Federación galega de concellos. Posiblemente falte nesa comisión un empresario representante da Asociación de Empresarios do Ceao que son os que saben, verdadeiramente, o que fai falla ou non nun Polígono onde cada dous por tres entran nas naves e mesmo houbo dous asasinatos hai case dezaoito anos, aínda sen resolver.

Hai informes de comisións e conseguintes resolucións da Administración que non se entenden, e esta é unha delas. Que nun polígono industrial non estea acreditada “porque si” a necesidade de cámaras de vixiancia, sería moi discutible. Pero se aínda con cámaras hai problemas importantes, parece que algo falla na normativa ou na súa aplicación, e á Comisión de Videovixiancia de Galicia hai que sometela a vixiancia estricta.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES