Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celta e Deportivo

lunes, 11 de junio de 2012
Ou Deportivo e Celta, que o mesmo da, vendo o arraigo que as dúas potencias deportivas, representantes das máis populosas cidades galegas teñen na memoria colectiva deste país.

Porque un pode ser forofo ou forofa de calquera equipo da primeira fila do fútbol europeo ou hispano, e defender esas cores con toda a forza do seu corazón, pero sempre queda un anaco no almario de cada afeccionado para un dos equipos punteiros de Galicia, que neste caso sempre foron o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo.

E pode haber peñas deportivas de clubes ou xogadores, pero as peñas do Deportivo e do Celta perviven desde hai décadas e sofren ou disfrutan con cada acontecemento que afecta de xeito directo aos equipos dos seus amores.

Neste caso, os acontecementos foron favorables para os dous equipos e despois dun tempo de sufrimento por ter que pasar pola segunda división do fútbol nacional, a estas alturas do tempo futbolístico e do calendario vital, todos contentos pola volta destes dous nosos grandes equipos á primedira división do fútbol nacional.

Opinan os seus siareiros que nunca deberon baixar a segunda, que son equipos de primeira por natureza, pero o fútbol –como a bolsa, como a política, como calquera asunto relativo á humanidade- ten esas fluctuacións, depende de milleiros de factores, e permite que haxa sufrimentos así para conseguir logo disfrutes inenarrables.

Volven os dous grandes equipos á Primeira división, e aí agardamos que estean ambolos dous “por moitos anos”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES