Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reformas

viernes, 08 de junio de 2012
Anda o Goberno da nación metido en tal lío de reformas económicas que non ten un respiro para tomar decisións noutros campos nos que tamén se esperan decisións importantes que marquen un tempo político e un estilo de gobernar.

Suponse que desde diversas instancias do partido lle chegan ao goberno peticións ou esixencias de toma de determinadas decisións, chegando ás veces a ser públicas e outra quedando na escuridade do núcleo de seguridade informativa desta forza política.

Dúas destas peticións veñen de facerse públicas desde Galicia, tendo garantida con esta publicidade e pola personalidade e papel dos peticionarios que van ser escoitadas por quen corresponde.

Unha delas, a cargo de Baltar, Presidente da Deputación de Ourense, que pediu publicamente –despois de ser presentado polo Presidente da Xunta- maior papel para as deputacións, maiores medios e elección directa en comicios paralelos ás eleccións municipais. A outra, do Presidente da Corporación de Pontevedra, que solicita novas normas electorais que impidan que unha forza política con mínima representación sexa quen decida sobre o goberno dunha corporación local.

Nin máis alto nin máis claro, nin con máis forza, se poden formular peticións ao Goberno desde dentro da forza política que o sostén. Seguro que en canto a política económica o permita, teremos noticias de outro tipo de reformas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES