Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pablo Mosquera

viernes, 18 de febrero de 2005
Naceu en terras de Lugo e foi político no País Vasco. Chámase Pablo Mosquera e como Presidente de Unidad Alavesa aparecía como máximo representante dunha corrente política que parece contracorrente no sempre dificil panorama político dunha terra que quere parecer nacionalista a ultranza pero rexistra -afortunadamente, por aquelo da variedade- diversas
opcións políticas igualmente respectables e válidas.

Pablo Mosquera, médico ademáis de político e escritor, veu para Galicia exerce-la súa profesión como Director do Hospital da Costa, e tamén para retirarse do mundo político por un tempo xa que ser político no País Vasco debe queimar bastante máis do que queima polo resto do Estado. E é bastante máis perigoso.

Pablo Mosquera conxeniaba co anterior Conselleiro de Sanidade, pero parece que non é do gosto do novo Conselleiro. E deixou de ser Director do Hospital da Costa, aínda que se lle ofreceu a posibilidade de quedar no mesmo cun cargo inferior.

Pablo, que é fundador e dos primeiros membros dos "Aventados" da costa lucense, que se declaran influídos por un vento especial que arrebata ós seus compoñentes -dun xeito espiritual máis ca material- e os eleva a mundos ideais, a eses mundos acode e volta ó País Vasco, despedíndose cunhas duras declaración sobre os resultados conseguidos, e sobre o trato recibido.

Magoa que se vaia Pablo Mosquera, aínda que seguro que Unidad Alavesa precisa dos seus servicios. Mágoa se, como Pablo denuncia, os criterios de gobernación dos hospitais galegos son máis políticos ca sanitarios. Magoa que a Consellería non lle bote imaxinación e lle busque un acomodo como moi intelixentemente se lle buscou ó Xuiz Vázquez Taín, que tampouco merecía irse fóra de Galicia.

Pablo Mosquera, de novo emigrante, galego en Vitoria, ¡Ata a volta!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES