Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dilixencias

jueves, 07 de junio de 2012
Contra pereza dilixencia, contrapoñíase en tempos vicio con virtude como máxima a ter en conta nos comportamentos de cada quen.

Agora as dilixencias enténdense doutro xeito, tendo por tales as que unha autoridade – xudicial, por suposto- abre para facer averiguacións sobre determinado tema.

Infinidade de galegos, en xeral infinidade de españois, vivimos en estado de sorpresa permanente porque todavía non se teñan aberto dilixencias en relación co ocorrido nas caixas de aforros que de ser entidades modélicas, poderosas, que apoiaban o social e a cultura, chegaron a ser mendicantes vergonzosas nun mundo económico convulso no que ninguén acaba de atopar o seu lugar.

Se o tema preocupará que ata o Presidente da Xunta declarou que non lle parecería mal que algunha Fiscalía abrise dilixencias en relación coa xestión que nas caixas se fixo. Só falla que alguén inicie un procedemento que todos notamos en falta.

Pode que a máxima de “Contra pereza, dilixencia” quedara esquecida, sobrepasada por este mundo veloz que nos envolve e nos leva. Pero segue plenamente vixente, cada vez máis, a necesidade de que a palabra “Dilixencia” cobre vida cando se presuman desaxustes, irregularidades ou irresponsabilidades.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES