Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Ibi da Igrexa

miércoles, 06 de junio de 2012
O tema aparece timidamente nalgúns medios de comunicación, impulsados por algunha forza política, como un anuncio do que se vai producir nun futuro, pouco a pouco, segundo vaiamos avanzando no tempo.

A relación das institucións coa Igrexa é necesariamente especial por arrancar dun tempo no que a institución relixiosa tiña grandísimas prerrogativas que a convertiron en algo distante, lonxano, comparable en boa medida coas institucións que creou un rexime tan peculiar.

Se o Estado evolucionou, tamén o fixo a Igrexa nun “aggiornamento” máis de base que institucional. E o Estado fíxose máis democrático, e a Igrexa achegouse máis ao pobo, sen que un e outra conseguiran a perfección da democracia e a participación respectivas.

Planteado o cobro do Imposto de Bens Inmobles á Igrexa, como a calquera outra institución, só cabe pensar na exención que teñen que ter determinados bens que están ao dispor da comunidade, como xa se ven contemplando en moitos casos.

Non debe cobrarse este Imposto polos inmobles relacionados co culto, e moito menos aos que estean destinados á prestación de servizos asistenciais ou de beneficencia. E deberá estudiarse caso por caso a aplicación do imposto, non vendo motivos para a exención no caso de fincas ou edificios destinados a fins económicos, utilización privada, producción de bens ou venda de productos ao público.

De todas maneiras, as relacións da Igrexa e o Estado réxense por un Concordato entre o Estado Español e a Santa Sede, que posiblemente haxa que renovar de cando en cando para adaptarse ás circunstancias de cada momento, e un tema coma este, puramente económico, laico e cotián, non debe ser motivo de encontros ou desencontros, que se a Institución é de inspiración divina e os fins ben elevados, o seu funcionamento ten aspectos que inciden plenamente na acción recaudadora do Estado e –aínda condenados a entenderse en esto como en todo- hai que sentarse a falar, e proceder en consecuencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania