Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre a Interdependencia

miércoles, 06 de junio de 2012
Dicía Paulo Freire que “ninguén libera a ninguén, nin ninguén se libera só.

Os homes libéranse en comuñón”. De certo o ser humano non é (nin será xamais) unha illa deserta; a súa natureza é colectiva e radica na interacción co seu entorno, modificándoo e deixándose modificar por el.

Escapar desta natureza é unha aventura absurda que ten un prezo moi elevado no que a calidade de vida se refire, influíndo tamén no desenvolvemento do noso ser creativo.

A teoría do ilímite esixe seres compartidos que, con mentalidade de abundancia, se entreguen ao crecemento colectivo. Segundo Covey, a mentalidade de abundancia é o cuarto piar do paradigma “gañar - gañar”, sendo os outros tres o carácter, a integridade e a madurez. A partir de aquí témonos que mover no mar da humanidade para deixar de ser illas desertas e formar penínsulas e continentes de benestar.

Deste xeito dar e recibir apoio non é unha opción na vida, é a opción da vida, porque a vida é unha continua interacción na que forxamos relacións moi variadas e diversas. Mais a pesares desta diversidade, estas relacións poden clasificarse en tres categorías:

1. Dependencia. O paradigma do “ti”. No que deixamos a NOSA vida en mans de terceiras persoas ás que lles doamos a NOSA parte de autoridade.

2. A independencia. O paradigma do “eu”. No que nos cremos totalmente autosuficientes.

3. A interdependencia. O paradigma do “nós”. No que a través da coordinación de ilímites construímos aquilo que desexamos respectando os desexos demais.

Desgraciadamente dise que hai persoas que nunca chegan ao estadio da interdependencia. Isto quere dicir que moitas persoas non son capaces de experimentar o estado de sinerxía, no que a misión encomendada se desenvolve fluidamente de acordo coa coordinación efectiva de ambas partes. A sinerxía é un clima de comunicación creado a partir dunha filosofía “gañar – gañar” na que a confianza e a cooperación son capaces de sacar do interior de cada persoa o mellor dos ilímites presentes. Esta é unha mentalidade convencida de que xuntos somos máis, de que 2+2 sempre é igual ao infinito, porque o ilímite é unha forza impulsora que só sabe sumar.

Neste sentido Kurt Lewin desenvolve unha análise do campo de forzas no que enfronta ás impulsoras, que tratan de alentar o movemento ascendente do desenvolvemento humano; coas forzas restritivas, que tratan de frear o mesmo; sempre dende unha postura ilóxica e irracional. Se nos ancoramos na lóxica, se valoramos positivamente a diferenza, se recoñecemos que a fin dos nosos límites está nos ilímites dos que nos rodean, converterémonos en fontes infindas de creatividade que sen dúbida legarán aos seus devanceiros un mundo mellor.

A interdependencia é un milagre humano, plenamente humano, que nos impulsa ás mans dos que nos rodean para pór nelas o noso futuro, recibindo ao mesmo tempo o seu futuro. Falar dela en tempos de crise parece utópico, en cambio foi o fallo dos sistemas de interdependencia e do espírito colectivo, o que nos levou a esta situación aterradora onde respirar é case milagroso. Xamais sairemos de aquí sendo illas desertas, non existen mesías nin salvadores, só dándonos a man e procurando medrar xuntos podemos mudar unha situación na que os únicos que sobran son os donos de apisoadoras sociais que están provocando fame, miseria, división e desalento. Como lles dixo Curros (aínda que eles non teñan a dignidade suficiente para lelo)

“todo, pra ser grande e forte
se une, xunta e reconchega:
que á discordia se entrega
vai direito cara a morte.
Non agarde millor sorte
Quen fomente divisiós;
Que a unión de todos os bos
É lei de tan alto alento
Que para estar no Sacramento
Hastra que cumplir Dios!
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES