Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Depresión Eólica

miércoles, 16 de febrero de 2005
Estes días non se para de falar do acordo de Kioto, da necesidade da súa aplicación, e do perigo existente para Galicia se este acordo non se cumpre, xa que amplos espacios de praias quedarían asulagados se o mar -como se prevé- sobe un metro sobre o seu nivel actual. Esto, mentras que Galicia só incide no cambio climático o 0,10% do impacto mundial.

O cumprimento deste plan con reminiscencias xaponesas, xa que alí foi acordado, supón o radical descenso da contaminación que producen as grandes industrias, pero tamén o incremento da producción da enerxía solar e eólica.

Ata agora, os parques eólicos parecían unha bendición de Deus, porque producen enerxía limpa, non agreden a paisaxe e producen beneficios ós propietarios dos terreos. Sen embargo agora parece xurdir un movemento cuasi opositor que argumenta os problemas que ó parecer producen.

Rexeitan estes parques veciños de terras de Chantada porque producen distorsións electromagnéticas que impiden ver algunhas canles de televisión, porque inciden de forma importante na paisaxe, porque o zumbido do vento nas aspas cando sopla forte chega a producir alteracións psicolóxicas... e polos precios que pagan pola ocupación do solo, que lles parecen irrisorios.

O da depresión producida polo zumbido do vento nas aspas eu entendo que é un mal que os nosos paisanos deben ter superado, xa que desde as "queixumes dos pinos" cantadas por Pondal ata o "vento que zoa" de Rosalía hai todo un achegamento dos galegos ó vento que debe vacunarnos contra calquera incidencia eólica destes que son xigantes pero a fin de contas son muíños.

Neste caso, a depresión eólica parece ser especialmente económica. Que ben está, se con eso se consegue mellorar os tratos que as nosas xentes fan coas grandes empresas productoras de enerxía. Pero como argumento parece algo floxo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES