Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preferentes

martes, 05 de junio de 2012
Dentro dos novos vocablos que coñecemos porque nos afectan, a denominación de “preferentes” entra con toda a razón da forza, ou coa forza da sen razón. Nunca deberamos telas coñecido.

Entre os productos que as entidades bancarias e de aforro ofreceron aos seus clientes, actuando como intermediarias e polo tanto comisionistas, esstiveron unhas participacións preferentes que ao parecer foron presentadas como productos tremendamente atractivos, rendibles e seguros. E resultaron ser todo o contrario, xa que funcionaron de acordo coa marcha da economía e, nun tempo crítico, resultaron nefastas para os seus posuidores, non podendo agora desprenderse delas sen perder unha grande parte da cantidade investida. E esto, para moi boa parte dos investidores, é inasumible xa que se trata de persoas de idade, xubilados, que investiron nestes productos os aforros de toda unha vida de traballo.

Os particulares fiámonos dos representantes das entidades bancarias e de aforro, por entender que eles dominan os temas que manexan, e que os productos que ofrecen como seguros están garantidos na práctica. Ata que a dura realidade se encarga de poñer as cousas no seu sitio, e prodúcese
a traxedia.

Son agora as entidades as que teñen que poñer solución a este tema, se queren conservar o seu papel de administradores económicos dos que confían neles os seus aforros ou os seus investimentos. E teñen que facer, como sexa, que os que foron enganados coas “preferentes” recuperen as cantidades investidas e poidan seguir vivindo coa relativa tranquilidade que da contar cun respaldo económico de cara a un futuro problemático. Se o tema non se soluciona, os afectados perderán económicamente o diñeiro mal investido. Pero as entidades intermediarias perderán moito máis e volverá poñerse de moda que cada quen garde os seus aforros no tradicional calcetín ou baixo o colchón. Estes dous procedementos non producen rendibilidade, pero nunca se portarán como unha “preferente” calquera.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES