Foz: os anos 60
Fernández, Suso - lunes, 04 de junio de 2012
O modesto coñecemento da historia focega da 2ª parte do s/XX fainos concebir que a década dos 60 foi a mais dinámica en orde ó desenvolvemento social, cultural, turístico e deportivo. E tamén acaso na que a veciñanza amosouse mais identificada coas iniciativas que agromaban.,
A razón de tal balance, que facemos de xeito mental, e polo tanto non documentado, podería estar, sobre todo, en dous feitos: a alcaldía que de 1958 a 1971 ocupou Pepe Beltrán que foi, ó noso ver, o alcalde mais interesado no espallamento da cultura e a promoción turística, e tamén no esforzo por involucrar ás xentes nelas. Beltrán, intelixente, estudoso e gran lector; con dotes para a palabra e a escrita ; condicións que se reflectían nas iniciativas e nas diversas intervencións , referidas a ambas cuestións, das que foi un avanzado da època.
Eran tempos de crise crónica que aínda non superara o trauma da guerra civil; ou sexa na que as fames presidían a vida cotiá: fame de pan, de liberdade, de cultura, de vestimenta, de coñecementos de todo tipo, de oportunidades; carencia absoluta da mais elemental tecnoloxía
cando a verba subvención era unha descoñecida.
E por outra parte a Sociedade Cultural Pena da Rapadoira que víñera a dinamizar, en gran medida, a vida social. Abonda citar actuacións levadas a cabo só nos dous primeiros anos, co risco de que, sen dúbida, algunhas van quedar no esquecemento: creación do C.D. Foz/ Estadio M. Otero; lª Cabalgata de Reis, Gardería Infantil, Biblioteca Pública, Emisora de radio 1ªs. excavacións no Castro de Fazouro, Revista A Rapadoira, dotación de calefacción ó Asilo; trofeo Conde de Fontao de fútbol, Travesía en Piraguas á Ría que cumple os 50 anos (todo un record digno de celebrarse); Escola Nautico- Pesqueira, representacións teatrais
Ésta é a voapluma relación somera, seguro que incompleta, de logros sociais, culturais e deportivos só nos anos 60/62. En vindeiras entregas, se os deuses nos son propicios, contaremos polo miúdo, de xeito breve, as vicisitudes de cada un.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora