Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ás autoridades sanitarias

viernes, 01 de junio de 2012
O CONSELLO DE MAIORES DE MOMÁN (XERMADE), E O DE LABRADA (GUITIRIZ); NA PROVINCIA DE LUGO, E O CONSELLO DE MAIORES DE PADERNE, O DE CAMBÁS(ARANGA) E O DE MONFERO, NA PROVINCIA DE A CORUÑA, ANTE AS AUTORIDADES SANITARIAS EXPOÑEN:

1ª.- As persoas asinantes, tendo noticias da medidas adoptadas polas Autoridades no tocante á Sanidade Española, manifestan a súa enorme preocupación ante o seu futuro sanitario.
2ª.- Son persoas que lles tocou vivir a guera e a post-guerra co que eso significa.
3ª.- Loitaron con tódalas súas forzas para conseguir a Sanidade exemplar que alcanzou España nos últimos anos.
4ª.- Neste momento histórico atópanse na terceira e na cuarta idade co oque eso conleva no tocante ós achaques propios da idade.
5ª.- A prática totalidade padece enfermedades crónicas e depende da medicación indicada para as súas doenzas.
6ª.- Viven no medio rural galego. A maioría son pensionistas da Agraria, o que significa que teñen unhas pensións das máis baixas, non só de España, senón tamén de Europa.
7ª.- Moitas non pudieron nin siquiera pagar a Seguride Social Agraria e agora son pensionistas de solemnidade acollidas á pensión non contributiva.
8ª.- Foron vivindo mentres tiveron forzas para traballar na terra que lles deu o alimento diario; pero agora as forzas van caendo en picado e xa non poden traballar.
9ª.- Son persoas dependentes ou en vías de selo. Os seus fillos tiveron que irse buscando mellor vida porque os nosos minifundios non dan para vivir.
10ª.- Atopanse soas, dependentes, sen recursos económicos e enfermas…E ESTÁN VENDO COMO OS RECORTES SOCIAIS ESTÁN ACABANDO CO SEU DEREITO A CONSEVA-LO BEN MÁS PRECIADO QUE É A SÚA SAÚDE.

MOTIVOS POLOS CALES CONSIDERAN DE XUSTIZA:

1º.- Ter dereito a unha medicinas pagadas con cargo ós fondos públicos que lles permitan aliviar os seus males.
2º.- Ter dereito ó uso gratuito dun hospital coas atencións que precisa un enfermo; e en moitos casos un enfermo terminal.
3º.- Ter dereito a que o Estado lles axude a levar unha ancianidade relativamente digna, igual que elas axudaron ás xeracións anteriores.
4º.- Ter dereito a non vivir desesperadas pola dor por non ter con que pagar os analxésicos, as pastillas para a tensión, para o colestrol ou para a diabetes, unha prótese, un marcapasos…, etc.
5º Ter dereito a recibir alimento con cargo ós fondos públicos, mentres se encontren hospitalizados, para non morrer por inanición.
6º.- Ter dereito a conserva-la saúde que lles queda.
7º.- Ter dereito a non anticipar a morte
8º.- Ter dereito a disfrutar dos bens polos que coitaron toda a súa dilatada vida.

En resume:
Os Consellos de Maiores de Momán (XERMADE), Labrada (GUITIRIZ), Aranga (ARANGA), Xestoso (MONFERO), e PADERNE (A CORUÑA), ÚNENSE á loita contra os ABUSOS NA SANIDADE e expoñen ante que corresponda que pense por uns instante en que situación quedarían a inmensa maioría dos cidadáns deste país de levarse acabo os recortes que se nos anuncian.

¿En que posto quedaría España con relación ós restantes paises de Europa?
¿Quen se benficiaría de semellantes recortes?
¿Cantos anos retrocederíamos en dereitos sociais?
¿Qué hai máis importante que a saúde?
¿Volveremos á mendicidade polas prazas, rúas e romarías do país?

PENSEMOS QUE TODO O QUE FACEMOS TEN UNHAS CONSECUENCIAS. PENSEMOS O QUE NOS CONVÉN
E ACTUEMOS SEGÚN CONVÉN. ¡RECTIFICAR É DE SABIOS!
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES