Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espectadores da vida

viernes, 01 de junio de 2012
Na pasada semana, indo pola Avenida Coruña de Lugo, puiden observar unha aglomeración de xente, que logo souben fora o atropello dun rapaz. Na estrada, un corpo atendido polos servizos de urxencia, con respiración asistida e unha ambulancia ao lado.

A vía estaba ateigada de persoas que miraban con curiosidade os esforzos para salvar a vida do rapaz, como un espectáculo macabro que ninguén se quería perder. É normal que un feito así, en plena rúa, chame a nosa atención, pero velo ao pasar evidencia un morbo, curiosidade desmedida, que mesmo dificulta os traballos dos que están para protexer e salvar vidas.

Na prensa escrita vexo fotos de numerosas persoas que se apostaron en Vilalba nas inmediacións do xulgado con motivo da detención de dous posibles responsables do doble asasinato de Xermade, que arrepiou ás xentes de toda a comarca.

Que un feito coma este, impensado, tremendamente violento e con resultado de dúas mortes, provoque preocupación en toda a comarca –en toda a provincia- resulta o máis natural, que afortunadamente non estamos afeitos a estes feitos luctuosos que rachan coa nosa paz, co noso ritmo vital, e cos esquemas sobre os que temos construido a nosa vida.

Que andando o tempo se detivera aos presuntos culpables, provocou un suspiro colectivo de tranquilidade por aportar luz ao que se planteaba como un misterio, e porque evidencia que as forzas de seguridade traballan calada e lentamente con todos os elementos ao seu alcance.

Que a detención provoque tranquilidade, é o máis natural. Tamén é natural que provoque curiosidade, pero non que faga que se concentren arredor do xulgado grupos numerosos de persoas que pouco máis poden ver que a chegada dos presuntos culpables. E aproveito para dicir unha vez máis que non entendo como os xulgados –todos os xulgados- non teñen entradas máis escondidas e protexidas para evitar espectáculos que distan de ser edificantes sobre todo se orixinan intervencións do público expectante.

Os seres humanos somos capaces dos comportamentos máis elevados e dos máis primitivos, levando quizais os dous extremos impresos nos nosos xenes.

A expectación diante de acontecementos desusados é comprensible. A morbosidade diante de excesos humanos ou traxedias cotiáns, debe movernos a considerar se non estamos deixándonos levar por sentementos pouco elevados, e pola curiosidade levada a un extremo fóra do normal.

Todos somos, por natureza, espectadores da vida que flúe arredor de nós. Pero esa expectación non pode ser papanatismo ou acoso.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES