Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medo ás alturas

martes, 15 de febrero de 2005
Eu teño algo parecido ó vértigo que me ataca cando subo a unha altura modesta, especialmente se non teño onde agarrarme para ter sensación de firmeza. Para min, un cuarto piso é unha altura desorbitada. E coido que si tivera que vivir a unha altura dunha ducia de metros pasaría boa parte da miña existencia sen asomarme ó exterior.

Este é o medo tradicional, habitual, natural se se quere, derivado do que os propios sentidos -ben informados ou non- nos indican en relación co exterior.

Pero nestes últimos días xorde un novo medo ás alturas derivado doutros factores, con gran fundamento por certo xa que os resultados de calquera incidencia extraña son imprevisibles.

A altura parece ser sinónimo de poder. Cando subín ó cumio do castelo de Vilalba, e vin unha nunca presenciada imaxe da miña vila natal desde o alto, comprendín a sensación que tiña que ter a saga dos Andrade -bos ou malos- que señorearon aquela terra e que, a vista de paxaro, contemplaban os infelices mortais que eran os seus súbditos, aló embaixo. O simbolismo estaba clarísimo: O poder, nas alturas; a plebe, a ras do chan.

En Azka, canto máis alto, máis poder. Canta maior distancia do chan, máis forza. Ata que chega unha catástrofe, e os bombeiros non poden actuar coas súas escadas e mangueiras máis aló do piso sete, e quedan 29 pisos para chegar ó cumio.

Grazas que era de noite. Grazas que non había xente. Grazas que estaba sendo transformado.

Non temos moitos edificios en Galicia con esa desmesura. Pero xa teño estado na Coruña nun piso 32, ó que o ascensor lle costaba chegar varios minutos.

Nas sete cidades galegas hai -máis na Coruña e Vigo- varios exemplos de edificios que provocan medo. Porque a fermosura, a claridade, a sensación do poder poden trocarse en traxedia, e non hai medios abondos para loitar contra ela.

¿Por que se autorizan esos monstros se logo son incontrolables?. Quizais porque, ata ao de agora, non se plantexaron problemas, e o solo hai o que hai e costa o que costa.

Pero haberá que ir estudiando o problema do medo, ese medo que comezou a aflorar o 11 S, despois do desastre de Nova Iorque, e que se agudizou este fin de semana co incendio de Madrid.

Debemos ir tomando boa nota e procurar solucións antes de que aparezan os problemas.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES