Hipoteca
Editorial - viernes, 01 de junio de 2012
Unha hipoteca é o sistema perfecto posiblemente o único polo que un particular ou familia adquire unha vivenda, o soño común mínimo de calquera galego que pretende un lugar propio onde vivir.
A hipoteca supón que unha entidade bancaria ou de aforro concede un crédito ao solicitante deixando como garantía a propia vivenda adquirida que, no caso de que o crédito non sexa convenientemente devolto, pasaría ás mans da entidade financieira.
En tempos, o número de hipotecas suscritas marcaba unha doble traxectoria triunfal: a de vivendas adquiridas nun momento de expansión inmobiliaria,, e a dos créditos concedidos polas entidades en tempos de aparente bonanza onde se rompían todos os moldes de canalización crediticia. E así, de paso que se mercaba a vivenda, a entidade correspondente engadía alegremente financiación para amoblar esa vivenda, e para calquera outro gasto que quixese afrontar o solicitante.
Agora tamén a evolución das hipotecas marca eses dous puntos de referencia para coñecer a marcha da economía, e a súa caída en barrena en Galicia coma no resto do Estado- non augura boas novas para os próximos meses.
Os datos que o Instituto Nacional de Estadística fixo públicos, refírense ao pasado mes de marzo, e nel as hipotecas suscritas en Galicia foron só 1.224, cunha baixada de algo máis do corenta e dous por cento en relación co mesmo mes do ano anterior, cunha baixada paulatina nos últimos meses que non fai máis que evidenciar que o que na rúa se percibe de crise total responde exactamente á situación xeral.
O certo é que hai que ter moita ilusión e confianza no futuro para neste momento armarse de valor e mercar unha vivenda, hipotecándose para as próximas décadas. Pois mentras non haxa esa ilusión e confianza, non teremos nada que facer.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora