Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Documento ou Contrato Europeo

lunes, 14 de febrero de 2005
O día 20 deste mes os españois temos unha cita coas urnas para votar o que dicen que é a Constitución Europea.

Coido que a información que os españois estamos a recibir é moi escasa e poucos debates sobre este tratado se fixeron. Despois de ler por riba máis de 300 páxinas, quedeime só con dous artigos que xustifican o meu NON, pero un SI a outra Europa.

No artigo III-122 e III-166 que fai referencia aos Servizos Públicos como son: Seguridade Social, Educación Transportes, ou sexa conquistas sociais dende fai máis dun século, non aparecen como tales, senón que o tratado o reflicte como “Servizos Económicos de Interés Xeral”. ¿Isto non será un paso para a privatización deste servizos públicos básicos nun vindeiro futuro?.

Nembargante, o artigo que máis me alporizou trata sobre a seguridade e defensa (Artigo I-41), que trata da política común de defensa de Europa onde aparece a palabra “prevención” nos conflitos e no fortalecemento da seguridade internacional. Logo fala dos compromisos adquiridos na OTAN, que fundamenta a súa defensa colectiva neste organismo e un aumento do gasto público en armamento.

Ou sexa que seguiremos con unha política de defensa supeditada a EEUU, coas consecuencias que hoxendía estamos a padecer coas políticas carroñeiras e “preventivas” duns gobernos economicamente insaciables como son os de EEUU. Este artigo, o define moi concretamente a unha subordinación da EU á OTAN. Coido que desta maneira, a Europa da solidariedade cos pobos máis oprimidos, a Europa vella e sabia comeza un camiño neoliberal e mercantilista que afectará á vida das futuras xeneracións.

Para o meu pouco entender, esta chamada Constitución Europea non é máis que un Tratado ou Documento feito por mercaderes para os mesmos mercaderes onde as palabras que aparecen neste Documento son clarificantes e expresivas: “mercado”, “competencia”, “economía social de mercado”, etc...

É un Documento que nolo impoñen, xa que sexa cal sexa o resultado da votación non é vinculante. Coido que para calquera Constitución ten que haber un período constituínte, cun proceso de información e grandes debates polas forzas representativas de cada estado, e achegar este proceso a un acordo na máis ampla maioría das forzas políticas. Coido que este Documento xa naceu con un déficit democrático, sendo isto moi preocupante cara a un futuro por mor da súa modificación, xa que será necesario o acordo de tódolos estados membros.

Comezo o titular deste artigo como Documento ou Tratado Europeo, non me atrevo a chamarlle Constitución polo anteriormente dito e por mor da gran hipoteca social e política que lles deixamos ás xeneracións vindeiras que chegaran a maldicirnos enriba das nosas tumbas.

Vilaxoán, 12-02-2005
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES