Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Custodia de documentos

miércoles, 30 de mayo de 2012
En tempos, había unha falta ou delito perfectamente tipificado para os funcionarios que se denominaba “infidelidade na custodia de documentos”, no que se penaba precisamente aos que tendo ao seu cargo determinado expediente ou documento facían del un uso non acorde coa súa función e coa Lei.

Ese ou outro principio similar seguro que segue en vigor para que quen teña a responsabilidade de gardar sixilo sobre a súa función e de custodiar documentación ao seu cargo cumpra escrupulosamente coa súa función.

E así, non se entende que aparezan noticias que indiquen que nun determinado centro da administración se ten extraviado un expediente ou nun xulgado se extravíen determinadas dilixencias. E noticias deste tipo publícanse sen que vaian seguidas a continuación da decisión correspondente de investigar e chegar ata o fondo para determinar de quen é a culpa por acción ou por omisión.

No xulgado de Cambados parece ser que non aparecen os douscentos folios dunhas dilixencias abertas en 2006, a denuncia da Asociación de veciños San Cristóbal de Portonovo por unha urbanización de luxo fronte ao litoral.

Estamos afeitos a que os casos xudiciais se retrasen, pasen case ao esquecemento, e sen que se trate dun tema normal témolo asumido porque sabemos que a xustiza é lenta case por principio. Pero o extravío de material tan sensible é máis difícil de asimilar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES