Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bankia, "hilillos de plastilina"

miércoles, 30 de mayo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

O de Bankia coido que pode ser o grande roubo do século XX e XXI.

Despois da desfeita, o estado vaille ter que inxectar 23.000 mil millóns por vía intravenosa. Que teima de falar do estado como un ente amorfo; o estado o formamos as persoas que pagamos impostos supostamente para o
noso benestar e para financiar dereitos sociais. Quítanlle á sanidade e o ensino para rescatar bancos privados coa intención de socializar perdas e privatizar beneficios, favorecendo aos especuladores e corruptos.

O novo presidente de Bankia comenta que non vai devolver ren do prestado, hai que ter unha face moi dura. Se os españois somos os prestamistas que imos pagarlle esa nefasta xestión, temos que esixir responsabilidades, comisións de pescuda para ver como rodan cabezas dos xestores e tamén
dos políticos que os encobren e protexen; sen esquecer ao responsable do Banco de España que nada fixo por evitalo.

Se agora Bankia vai ser un banco público, unha vez remate o saneamento,
¿volverán outra vez a privatizalo metendo ao políticos “ amiguetes de pupitre” para volver a facer a desfeita?.

O máis triste de toda este grande estafa, está no acompañamento das declaracións da presidenta da Comunidade de Madrid arengando ás tropas antes do partido de Copa, intentado chamar a atención sobre os “silbidos” no campo (“silvaron” ata os elefantes do Zoo), case o acadou, pois a
“comidilla” nos bares foi este patrioterismo, soamente se fala diso. É moi penoso que quedemos sen proteccións sociais e unha estafa de incalculables consecuencias e esteamos a falar de “silbidos”.

E agora, o Sr. Presidente, saíu nunha roda de xornalistas para falar de Bankia : Non dixo o que dixo nin dixo o que non dixo. Deume a sensación que estaba a falar daqueles “hilillos de plastilina”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES