Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Televisións locais e autonómicas

martes, 29 de mayo de 2012
Houbo un Rei – Ricardo III de Inglaterra - que, no fragor dunha batalla (Bosworth) , rodeado de inimigos, berraba como un posuído “O meu reino, por un cabalo”... Todo o seu poder na terra a cambio dun noble bruto que o alonxase da derrota e da morte, no medio dunha batalla.

Nos tempos difíciles que corremos, os navegantes en mares procelosos podemos ter a tentación nun momento determinado de ofrecer todo o que temos a cambio dunha salvación momentánea... O noso reino por un cabalo, as nosas posesións por un determinado nomeamento, a nosa realidade por un destello fugaz que nos libre dun agobio repentino.

Ao Goberno, a todos os gobernos, parecen pesarlles demasiadas cousas. E unha delas, parecen ser as televisións autonómicas que, en determinados casos, se teñen convertido en pozos sen fondo onde os caudais públicos discorren coa facilidade que as últimas choivas atoparon para deixarse ir polas canles secas dos nosos ríos.

O Goberno aprobou en Consello de Ministros que as respectivas autoridades autonómicas decidan que facer coas súas canles de televisión: seguir mantendo o mesmo servizo ou non mantelo, se queren facelo directamente, ou se queren encargarllo a unha empresa privada para quitarse problemas de enrriba. O que está claro é que, no caso de continuar con este servizo, nunca poderá ser deficitaria porque as contas públicas deberán estar perfectamente equilibradas.

Eis a cuestión: as televisións autonómicas deberán autofinanciarse de xeito que se constitúen competencia para outras canles se defendan en por sí. E poderán pasar a mans privadas que, si ou si, conseguirán facelas rendibles por pura filosofía empresarial, e porque calquera iniciativa coma esta debe ter vida propia independentemente dos presupostos xerais dun Estado ou Comunidade.

Esta pode ser a solución para moitas televisións autonómicas, mesmo para a Galega aínda que esta non pareza ter moitos problemas. Diferente será o que aconteza coas televisións locais, que parecen recibir todos os efectos perniciosos da aguda crise que sufrimos, e das que as lendas urbanas anuncian peches –algunha xa pechou en Galicia- tendo reducido programación e efectivos que non anuncian nada bo.

Non hai moito tempo, calquera empresario da comunicación houbera clamado, coma o rei ferido na batalla, “O meu reino por unha licencia de televisión local”. Neste momento actual, se alguén está para botar berros, poderíase escoitar “O meu reino, por unha solución airosa para a que nos está caendo derriba”. Pero os reinos tamén están en crise.

E Ricardo III morreu naquela batalla.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES