Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conservare Digneris

lunes, 14 de febrero de 2005
Teño un amigo crego, de boa lei, escritor e moitas cousas máis, que se permite o luxo de facer humor con algunhas cousas, e que traduce libremente esto de "conservare digneris" por "gardade os cartos", aínda que con arreglo á latinidade posiblemente sexa mellor aceptada a traducción por "dígnate conservar".

Gardadoras resultaron ser as monxas Clarisas de Monforte de Lemos, xa que no seu convento veñen de ser atopados trescentos libros de entre os séculos XVI e XIX, e nove cadros do século XVII, nun faio, tendo que ser os descubridores dous historiadores locais, xa que as boas monxas por aquelo de non ter mudanza en tempos sempre difíciles debían levar un par de centos de anos sen inspeccionar o que tiñan aqueles baules.

As Clarisas monfortinas, no medio da capital das terras do Lemos, ás beiras do Cabe, teñen un dos mellores museos de arte relixiosa que hai neste País, museo que agora pode verse incrementado con estas xoias que veñen de ser descubertas por pura casualidade.

A ventaxa de gardar ben as cousas é que o día de mañán valerán para os que veñan despois de nós. A ventaxa de "conservare digneris" -en versión do crego amigo- está en que na actualidade estes obxectos sen dúbida tense por moito máis valioso que cando as súas antecesoras conventuais decidiron gardalos para mellor ocasión.

¿Cantas cousas haberá neste mundo noso por faios e lacenas?. Cada vez menos, é verdade, porque o tempo fai estragos, pero un achádego así, de cando en cando, parece que reconforta porque é sinal de que alguén, en algún momento, pensou nas xentes do futuro -neste caso, somos nós- e deixou obxectos preciosos sabendo que posiblemente os valoráramos máis ca eles.

As monxas Clarisas, con afáns que non son deste mundo, posiblemente pensen que foi cousa de Deus que alguén lles deixase esta herdanza. E teñen moita razón. Porque -dicía Santa Teresa- Deus anda entre os pucheiros. Pode e debe andar, xa que logo, entre cadros e libros relixiosos, aínda que a súa utilización actual non estea movida de xeito especial pola fe.

"Conservare digneris", pedirían as monxas. E Deus dignouse gardar.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES