O tic de Indalecio
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 28 de mayo de 2012
Indalecio Soutopenedo peitea para atrás os poucos pelos que ten para que, precisamente, estes lle cubran a gran calva. A maiores evita que ese catro pelos se lle metan nos ollos.
Lembra, de rapaz, os problemas que tivo co pelo longo, de cando iso era moda; cubríalle a vista e a causa disto iniciou un tic ao darlle á cabeza para atrás. Coma eses xestos que adoitan facer as pijas co seu pelo longo.
O tic de Indalecio Soutopenedo foi tan en aumento que ata chegou ir ao médico, por se era algo dos nervios. El mesmo se decatou, máis tarde, de que era a causa do pelo. Peiteouno para atrás coma Travolta en Febre do sábado noite e aí rematou o tic que chegou a preocupalo abondo.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora