Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen ten unha farmacia, ten un tesouro

viernes, 11 de febrero de 2005
Perdón por deturpar ese fermoso aserto de que "Quen ten un amigo, ten un tesouro". Esto é unha verdade coma un templo. Pero tamén o meu título.

En Galicia hai 1.273 farmacias. Pois a Xunta vai autorizar 90 máis co fin de levar este servicio a determinados núcleos que se entenden desabastidos, ou a zonas que medraron e xa permiten unha nova oficina expendedora de medicamentos.

Entendiamos que, unha vez plenamente integrados en Europa, este sistema exclusivo de venda de medicamentos ía ser moito máis libre, coa única condición de que un titulado en Farmacia estivese ó seu cargo. Esto, unido a esa nova casta de "Parafarmacias" e establecementos similares, proporcionaría un panorama de liberdade como o que se propugna para os diversos sectores da esfera económica.

Porque o que hoxe ten unha farmacia ten un tesouro de tantos quilates como miles de euros venda de medicamentos ó ano, tanto na zona urbana coma na rural. E ahí están as operacións de venda ou traspaso destas oficinas, que manexan cifras tan millonarias -das antigas pesetas- que máis que expender medicamentos parece que venderan deseños de alta costura ou xoias dos metais máis brillantes e preciosos.

Quen ten unha farmacia, ten garantido negocio de por vida, porque as medicinas son indispensables, e o combate contra as enfermidades é unha loita sen descanso.

Así que, se vostede ten un/unha amigo/amiga, ten un tesouro. Pero se ese/esa amigo/amiga é farmacéutico/farmacéutica con farmacia aberta en zona xeitosa, o tesouro é doble. E perpétuo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES