A subcultura programada dos Medios
Cardalda, Theo - viernes, 25 de mayo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
La mentira ya es lei y el simulacro institución. Desta maneira cantaba Luís Eduardo Aute a canción Siglo XXI Cambalache en 1996. Se calquera persoa non sabe moi ben a letra, lle
recomendo que a lea con detención, ollará que a realidade de hoxe achégase moito a esta canción interpretada fai 16 anos.
Isto ven a conto sobre a política democrática que estamos a vivir, en especial a forma e contidos de tódolos medios de comunicación largando polas ondas e nos medios escritos: mentiras
e programas lixo con moita bosta abondo. Desde os anos 90 a información como tal desapareceu, a pescuda, o análises xornalístico e especializado, así como as emisións de información foron practicamente suprimidos. Hoxe non podemos pedir moito, se lemos algúns xornais de tirada nacional atopamos que unha mesma nova é manipulada de distinta maneira fomentando o odio e mentindo como cosacos. Se ollamos algúns programas de TV dan gañas de vomitar, non digamos dos telexornais que están baleirados de contido e manipulados.
Da moito noxo escoitar a eses tertulianos que están sempre argumentando con insultos que son de xulgado de garda.
Os programas que realmente dan terror, son aqueles que largan tódalas miserias do ser humano. Programas preeiros con entrevistadores cun curriculum de alucine que tragan o que lle voten e non teñen idea do que din, para máis inri, o público en xeral aplaude calquera cousa.
Todo veuse preparando desde que os gobernos xa non gobernan e manda o neoliberalismo salvaxe, tratando de que a xente crea que e verdade todo o que se di, cando a realidade e outra,
ocultando asuntos que son verdadeiramente importantes, distraendo á atención da xente en asuntos banais.
Non entanto, nós mesmos somos cómplices directos ou indirectos desta bosta e subcultura que nos invade.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora