Activos tóxicos
Editorial - viernes, 25 de mayo de 2012
Non é doado de comprender a protección que a Administración presta a todas as entidades bancarias na actual situación do sálvese quen poida.
Bancos e entidades de aforro practicaron durante o tempo da burbulla inmobiliaria unha política tan demencial que só agora podemos vislumbrar as súas consecuencias, e mellor a veríamos se non houbese secretismo e preocupación do Goberno porque ningunha entidade sufra o que calquera empresa privada sufriría se os seus dirixentes se comportasen de xeito tan desequilibrado.
A financiación do ladrillo en base a unha esperanza futura, a concesión de créditos a quen manifestamente non podería pagalos en caso de empeoramento da economía, a alegría nas tasacións e cifras dos créditos desencadenou unha tormenta perfecta que todos agora estamos a sufrir as súas consecuencias, tanto directamente os afectados como indirectamente os que sufrimos restriccións de créditos e problemas nas empresas.
En Galicia quebraron 1.000 empresas no decurso de 2011, pero sen embargo non se deixará caer quebrar- ningunha entidade bancaria ou crediticia polo que supoñería para a credibilidade do sistema e o entramado económico do país.
Para que os bancos non teñan problemas, son obrigados a desfacerse dos seus activos tóxicos, todos os relacionados co sector da construcción, para o que crearán cadansúa sociedade que se encargará de xestionar estes temas problermáticos deixando aos bancos liberados nominalmente dese problema.
Os bancos reciben todo tipo de apoios, créditos a baixo interese, condicións especialmente beneficiosas, sen que estas medidas repercutan no público en xeral, nin particulares nin empresas, non sendo comprendida esta situación e estas actuacións nun tempo verdadeiramente difícil para as empresas e os postos de traballo.
Os bancos vanse ver liberados dos activos tóxicos, pero seguirán sen abrir os créditos, sin solucionar os problemas das pequenas empresas e dos particulares. O Goberno segue sen dar mostras de querer solucionar o tema, e favorece ostensiblemente aos bancos sen esixirlles contrapartidas. Os bancos non terán problemas. Os particulares e as empresas seguiremos tendo moitos e graves problemas. Ata cando?.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora