Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Doctor Vega Barrera

jueves, 10 de febrero de 2005
Hai a teoría de que incivil última guerra española non rematou o 1 de abril de 1939 senón que daquela só rematou unha batalla. A guerra seguiría viva durante os "corenta anos", a entronización da monarquía, a democracia, e nestes momentos viviríanse os seus últimos momentos. Os "vencidos" de 1939 serían, en moitos casos, moralmente vencedores. E a súa memoria, rescatada e honrada sesenta e cinco anos despois.

Cada cidade ten o seu mártir, os seus mártires. Non porque deran a vida pola fe, senón porque entregaron a vida inxustamente, sacrificados porque os seus ideais, a súa forma de ve-la vida, non era compartida polos seus verdugos.

En Lugo, o exemplo chámase Rafael Vega Barrera, médico exemplar ó dicir de moita xente. Morreu fusilado naquel difícil tempo que fixo ó tamén médico Luis Pimentel estremecerse de pavor e escribir "cunetas" para simbolizar "lugar onde caer morto".

Case setenta anos despois, a memoria do Dr. Vega Barrera segue vixente entre os que o coñeceron e entre os que non o coñecemos, polo inxusto da súa morte -como inxustas foron o millón de mortes daquela guerra- e xorden voces que piden que o futuro macrohospital leve o seu nome.

O actual Xeral-Calde levou durante moitísimos anos nome de mortos do outro bando. Nestes tempos, coma sempre, "aramos sobre os mortos desta terra", como quería Lorenzo Varela, ó que imos adicar o próximo "Día das Letras Galegas". E xa que mortos honramos durante décadas, honremos a morto glorioso que non mereceu alevosa morte como non merece actual esquecemento.

Quizais se agora consideramos que, por fin, remata a guerra, nivelando victorias, poidamos anceiar que nun futuro non lonxano -tamén por razóns cronolóxicas- a guerra civil non sexa máis que un capítulo no libro de historia contemporánea deste país que algún tempo se chamou España.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania