Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autoestradas en crise

jueves, 24 de mayo de 2012
Coidabamos que eran os negocios máis rendibles de occidente, pero tamén teñen problemas. As autopistas de peaxe, coa inxente afluencia de vehículos que pagan onerosas cantidades por recorrelas, foron en tempos un negocio excelente para as grandes empresas que podían acometer un negocio destas características consistente na construcción dunha vía que na práctica resultaba ser privada e percibir durante un longo período de tempo peaxe por parte de todos os que por ela circulasen.

En Galicia a Autopista do Atlántico, que en tempos foi considerada “unha navallada á nosa terra” polos nacionalistas, evidenciouse unha importantísima arteria para a comunicación e o desenvolvemento, pero con importes de peaxe que sempre foron considerados demasiado elevados.

A crise fai que moitos conductores volvan ás estradas anteriores, sendo máis de dous mil os coches que cada día deixan de circular pola nosa primeira vía, e xa hai unha autoestrada – a de Madrid/Toledo- que se declarou recentemente en concurso voluntario de acreedores, porque a sociedade que ten dereito de explotala durante trinta e cinco anos presenta unhas débedas de cincocentos millóns de euros.

A situación debe facer pensar aos que abogaban porque as actuais autovías de uso gratuito pasasen a ser de pago nun futuro para paliar as carencias económicas da administración, sabendo que esa nova situación provocaría unha inmediata retracción no seu uso, co que a medida recaudatoria nunca sería como se puidese prever. Tendo en conta ademais que para unha situación así habería que efectuar traballos de reparación importantes nas vías existentes con anterioridade para que puidesen ser usadas con seguridade polos numerosos conductores que evitarían as que pasaban a ser de peaxe.

Ben está recaudar e optimizar os recursos existentes, pero a solución non está en cobrar por utilizar unhas autovías que naceron para ser gratuítas e para mellorar un tráfico imposible de soportar polas vías anteriormente existentes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania