Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Milagros de Saavedra

jueves, 24 de mayo de 2012
Hoxe, son os Milagros de Saavedra. Con decir “Os Milagros”, en toda a Terra Chá abonda, que é a romaría que concita máis fe nos concellos que forman a nosa comarca.

Cando eu era pequeño, o costume en Vilalba era vir aos Milagros nos coches que a empresa O Noso fletaba, de xeito que se madrugaba moito antes ca a saída do sol, chegábase á primeira misa das sete da mañá, e estábase de volta para o traballo normal do día, ou para ir ás primeiras clases os que eramos estudiantes.

Agora o costume é sair de Lugo, do Alto de Garabolos arredor das tres e media da mañá, e camiñar os aproximadamente dezasete kilómetros que dista da capital, tamén para chegar á primeira das misas que cada media hora se celebran no santuario. O que se diga para Lugo vale para Vilalba, que para eso Saavedra está exactamente na metade do camiño entre a capital lucense e a capital da Terra Chá.

En tempos, a visita aos Milagros era puramente devocional, e a fe –que move montañas- era o motor que movía ás xentes que alí acudíamos. Agora a motivación pode ser a mesma en moita xente, pero tamén varia noutra moita, que hoxe un dos alicientes é o puramente físico, de ser capaces de facer este esforzo corporal, xunto co turístico ou de lecer que nos fai movernos polo placer da viaxe, e esta visita entra ou pode entrar perfectamente dentro dese aspecto lúdico.

O certo é que o número de visitantes se incrementou de xeito incrible nos últimos anos, e cando a romaría cadra en domingo ou fin de semana é un maremagnun imposible de describir a aglomeración que alí se forma. Este ano, que coincide o día grande cunha xornada laborable as asistencias son máis espaciadas prevéndose que se hoxe e mañá – que é cando se celebra a festa- vai ser de grande afluencia, sábado e domingo tamén van ser de centos e centos de romeiros. Que a temporada dos Milagros hai xa uns fins de semana que comezou, e desde hai preto dun mes obsérvase unha maior afluencia nas misas, e continua presencia de caminantes seguindo calquera dos camiños que levan ao santuario.

En tempos que eu lembro –arredor de medio século- os oitocentos metros de camiño que desde a estrada Rábade-Vilalba levan ao santuario estaban ateigados de pobres que ensinaban as súas deformidades, chagas ou carencias en demanda de esmola dos piadosos visitantes. Como cubrían as dúas marxes do camiño, non esaxero se digo que se xuntaban alomenos douscentos pobres de pedir nos oitocentos metros de camiño, conformando unha ruta de dor e de miseria que aínda agora me arrepía.

Hoxe é todo festa, e os romeiros non atopan pobres de pedir, mercan velas, poñen o santo, toman o vermouth, levan churros ou rosquillas, e os máis devotos dan a volta de xionllos arredor da igrexa.

Quen queira saber como é este país e as súas xentes, ten que ir un destes dias aos Milagros, preferiblemente hoxe. Verá que nin todas as modernidades do mundo, a nosa inclusión na aldea global, as primas de risco ou o equilibrio orzamentario teñen nada que facer diante das vellas crenzas que levamos dentro e asoman de súpeto nun día coma hoxe, nun lugar coma Os Milagros de Saavedra.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania