Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poder roubar

miércoles, 23 de mayo de 2012
Nestes dous mundos nos que se divide a nosa sociedade – o oficial e o real- perviven costumes e crenzas, xerais ou minoritarias, que seguen a querer marcar comportamentos e traxectorias.

Fálase de corrupción na clase política, que aínda que sexan minoría os corruptos dañan de xeito grave a consideración popular sobre este labor fundamental. E conclúese que se hai corrupción entre algúns dos que nos gobernan é porque a escala popular segue vixente a crenza –e consentemento- de que os caudais públicos non teñen dono e poden ser do primeiro desaprensivo que lles bote a man.

Había, e aínda hai, un sector da poboación que coida que o político que non rouba é porque non pode. Máis aínda: ese sector cre que o que non rouba non é porque non queira facelo senón porque non sabe como facelo.

Estas crenzas, xurdidas dun tempo escuro no que non era posible exercer a política en liberdade, onde a política estaba demonizada para restrinxir a súa práctica entre unha determinada clase, perviven aínda que sexa de xeito moi minoritario e afloran en momentos nos que a problemática económica fai que nos fixemos moito máis no manexo e goberno dos caudais públicos.

Queda moito camiño por andar no vieiro da democracia, aínda que nos pareza que as case catro décadas transcurridas desde o comezo desta etapa na que nos asentamos é traxecto consolidado. E queda moito que andar, especialmente na concienciación do noso papel na sociedade, na participación activa sempre e en todo momento, na comprensión e no rexeitamento de comportamentos, na asunción do papel que os nosos representantes teñen que xogar.

En tanto nós non teñamos claro o que queremos, quen debe representarnos e como debe facelo, nada será posible. Teremos malos políticos porque nós somos malos cidadáns; a nosa clase política será floxa porque nós somos pasivos votantes e abstencionistas en calquera tema no que se precise o noso apoio ou a nosa repulsa.

Non se pode seguir pensando que non rouba o que non pode. Hai que pensar que o que rouba hai que botalo, xulgalo e condenalo. E sabendo que hai moitos máis políticos honestos que canallas, empezar a mirar doutro xeito á clase que votamos, que non son mellores nin peores ca nós. Claro que os políticos tamén deben facer exame de conciencia e comportarse en consecuencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES