Mondoñedo unido
Fernández Ansedes, Luis - miércoles, 23 de mayo de 2012
En Asamblea da Plataforma "Mondoñedo Unido" celebrada o luns 21 de maio as 20 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, referente ao punto da orde do día de: Proposta de nomeamento e Votación para a elección de representantes da Plataforma "Mondoñedo Unido" na Comisión de Seguimento por un Futuro Industrial para a Comarca de Mondoñedo e na Comisión de Seguimento para a continuidade dos Xulgados e do Partido Xudicial de Mondoñedo, foron propostas as seguintes persoas pola Coordinadora da Plataforma Mondoñedo Unido
Comisión do Xulgado:
Representante da Plataforma Mondoñedo Unido
Xosé Ruiz Leivas da Aso. Amigos da Cidade de Mondoñedo
Equipo de apoio suplente:
José Luis García García da Aso. Veciñal de Figueiras.
Jesús Chao Falcón das Asos. Amigos de Mondoñedo- Abrindo Camiño.
Comisión de Seguimento Industrial:
Representante da Plataforma Mondoñedo Unido
J. Luis Fernández Ansedes da Aso. Abrindo Camiño de Mondoñedo
Equipo de apoio suplente:
Alfredo Rodriguez Alvarez das Asos AMOLOU do Instituto San Rosendo e PROMOLOU de Productores de Madeira de Lourenzá.
Angel Marful Castañal de ACIAM Aso de Comerciantes Industriais e Autónomos de Mondoñedo.
Isidro Fernández Rubal .Colaboración persoal
ACORDOUSE POR UNANIMIDADE das persoas asistentes refrendar as propostas da Coordinadora.
Outros acordos son a de xestionar unha visita á Planta de Biomasa de Tineo o sábado 23 de xuño e invitar as asociacións que queiran sumarse os traballos da posta en valor da Ruta Turistica Literaria-Etnográfica Leiras Pulpeiro que se están realizando no entorno do Coto da Recadieira a carón da Ponte Colgante sobre o río Tronceda, na Area Recreativa de A Fervenza, na Fonte de Augas Mediciñais e no Castro da Pena do Unto. Este xoves tense previsto un encontro con mandatarios da Deputación Provincial de Lugo para expoñerlles o proxecto e solicitarlles a sua colaboración.
Tamén se informa que o luns 4 de xuño as 11,30 horas na Casa do Concello de Mondoñedo se fará entrega das sinaturas recollidas en demanda de industrias para a nosa Comarca, acompañada dunha carta dirixida ó Sr. Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia. E notificar a adhesión a Plataforma Mondoñedo Unido das asociacións de Lourenzá: PROMALOU aso. de productores de madeira, Aso Veciñal Terras de Tovar de Sto. Tomé. Aso. Veciñal de San Jorge e Aso. Veciñal e Medioambiental de San Adriano. En total 35 asociacións da Comarca de Mondoñedo conforman a plataforma, a día 2 de maio de 2012 .

Fernández Ansedes, Luis
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora