Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

MeteoGalicia

miércoles, 09 de febrero de 2005
Por aquelo da influencia dunha acción física no seu contorno, tense dito que un aleteo de mariposa en calquera punto da nosa xeografía, pode orixinar un tifón nas antípodas.

Calquera acción ou omisión tería, pois, unha inmediata consecuencia, maior ou menor.

Do mesmo xeito, calquera acción importante no exterior incide en todos nós. Neste caso, de xeito ben favorable.

A acción, inconmensurable, o culmen da traxedia, foi o tsunami que a finais do pasado ano arrasou lugares paradisíacos dos mares do sur. E as carencias daquelas terras -en predicción, en comunicación, en organización- multiplicaron a traxedia ata límites inconcebibles.

Aquel desastre motivou que a escala mundial se amplasen os estudios sobre prediccións meteorolóxicas, e se tente artellar unha rede de alerta que impida que poidan volver producirse catástrofes coma esta.

En Galicia, esta vez, somos pioneiros e MeteoGalicia pon en marcha un plan que permite predecir con catro días de antelación o estado do mar, e outros diversos datos.

Pode que non sexa resultado directo daquela traxedia, pero está moi en sintonía coa solución de necesidades que a escala mundial se impón. E pode ser exemplo do que as pequenas comunidades como a nosa poden ofrecer ó conxunto, unindo esforzos e solucionando problemas globais.

MeteoGalicia ven de apuntarse un tanto. E con este organismo, Galicia. E esto está ben; moi ben.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES