Caxigueiro en Zaragoza
Fernández, Suso - martes, 22 de mayo de 2012
Caxigueiro, escultor mindoniense afincado na parroquia focega de San Martiño, é un recoñecido artista plástico que a cotío gaña eslabóns no seu prestixo e na valoración dunha obra de quen dí a crítica que é un dos precursores da escultura galega contemporánea e o seu nome referencia ineludible na plástica peninsular das últimas décadas; un artista pouco convencional que se afasta por completo de toda tradición, que realmente non modela nen esculpe, senon que crea obxetos corpóreos a partir de elementos únicos.
Cando aínda na Cidade da Cultura de Galicia permañece a súa singular Os ollos das palabras, Caxigueiro inaugura unha mostra antolóxica en Zaragoza, na sala Cai Luzan, no centro da cidade, vinte anos despois de que na mesma praza o fixera no Museo Pablo Gargallo coa colección Guerreiros, que nesta retrospectiva serve de punto de partida para revisar o realizado dende entón.
A mostra enmárcase na programación da Feira da Cerámica Contemporánea (Cerco), o mais importante certame sobre esta disciplina artística que se celebra no Estado.
A importancia que os promotores dan à presencia de Caxigueiro reflíctese na edición, excepcionalmente coidada e valiosa, dos catálogos da mesma: sobre papel de calidade suprema, a toda cor, fotografías das pezas da mostra, captadas con fondo senso artístico, e un diseño de impecable execución; todo elo enmarcando pequenos e inspirados poemas de Caxigueiro e o lúcido xuizo crítico do que é autor o pintor e poeta ourensá Ramos Baldo, nado na histórica Celanova, vila dos poetas, berce dalgúns dos mais eximios vates da nosa terra: o romántico Castor Elice, Curros Enriquez, Celso Emilio Ferreiro, Manuel del Caño, Méndez Ferrín
Dí Baldo:
exposición antolóxica que aquela capital acolle recoñecendo o traballo dun artista que, quizás pola súa discreción e a súa esixencia estética, non foi abondo valorado no seu conxunto, porque a súa é unha obra de gran ambición universal, aínda que sempre próxima ó cotidiano, á natureza, ós problemas sociais, ás inxustizas da historia. Parabéns ó benquerido amigo.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora