Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A bolsa para quen a traballa

martes, 22 de mayo de 2012
Todos podemos ter a tentación nun momento determinado de investir en bolsa sen darnos conta de que a estas operacións tamén se lles chama “xogar” na bolsa, con todo o que o xogo trae consigo de incerteza e ¿sorte?.

Quen posuíra accións de Bankia puido ter días pasados a tentación de vendelas diante dunha caída estrepitosa para intentar recuperar o posible nunha situación de incerteza absoluta. Porque nunha mañán as accións desta entidade baixaron un 29%, o que representa unha auténtica catástrofe.

Pero ao día seguinte, nun repunte que posiblemente para os especialistas no tema era o lóxico as accións recuperaron un 23%, remediando o que parecía unha catástrofe total.

O accionista que permaneceu tranquilo non sufríu máis que a merma da diferencia de cotización, pero para o que se asustou e se apresurou a vender foi unha hecatombe.

Situacións coma esta aconsellan que no caso de pretender xogar á bolsa se tome o tema coma un xogo se é posible xogar con temas tan sensibles, e procurar asesorarse por especialistas aínda que sen seguridade algunha que se de eso dependera a ganancia ou a perda todos os especialistas serían multimillonarios.

Contemplamos unha caída xeneralizada das cotizacións do Ivex 35, o índice que engloba ás empresas máis importantes que cotizan nas bolsas españolas, non superando na actualidade os 7.000 puntos o nivel de cotización cando non hai moito tempo superaba os 10.000.

A bolsa é un xogo. O que a ela acuda, saiba que vai xogar apostando por determinados valores. E que a cotización destes non só depende dos resultados das empresas senón da situación global do país, e do xogo de entidades moi poderosas que poden artificialmente condicionar a marcha de calquera valor. E o xogador é sempre o último en enterarse. E non pode facer absolutamente nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES