Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de xuntarse

lunes, 21 de mayo de 2012
Coa que está caendo, os partidos políticos –gobernos e oposicións- non poden estar á que salte, armando trifulcas por temas que non teñen maior interese.

Parece como se os grandes grupos políticos non tomasen en consideración a situación actual, e coiden que o problema é dos que ostentan o goberno e o resto pode permitirse o luxo de mirar para outro lado.

Pero goberno e oposición son dous cometidos que os resultados electorais fan que se alternen democráticamente, e o que hoxe é directamente responsable da marcha do país mañá sexa o que ten que desde a oposición tentar arrimar o ombreiro.

Esta é a cuestión. E todos nos preguntamos que é o que fai falla, que máis ten que pasar, para que o Paartido Popular e o Partido Socialista se poñan a dialogar, aos máis altos niveis, sobre o futuro deste país que parece camiñar directamente cara ao desastre económico.

Non ocorre o que en Grecia, que non son capaces de artellar un goberno democrático –aínda na peor das situacións económicas- e precisan unhas novas eleccións para tentar de clarexar a situación. Pero goberno e oposición andan á greña polas decisións que se toman no eido económico, como antes oposición e goberno –na época do goberno socialista- combatiron de xeito descarnado.

Noutrora, en situacións coma esta houbérase planteado un goberno de salvación nacional, con calquera tipo de nome técnico ou político. Agora temos goberno e oposición, ao parecer con solucións teóricas diferentes para o problema, que nin antes nin agora parecen dar resultado.

Antes de que sexa demasiado tarde, os grandes partidos –que representan á inmensa maioría dos votos emitidos- deberán xuntarse, dialogar, e consensuar. Ou eso, ou non hai nada que facer. Se o fan, eles e nós seremos os beneficiarios. Se non o fan, alá eles, porque todos nós perderemos, e ao mellor terémosllelo en conta cando nos chamen a votar a próxima vez.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES