Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cristiáns/ás: ¿Somos sal e luz do mundo!?

viernes, 04 de febrero de 2005
Non deberiamos ter medo a facernos preguntas. De bosquexos profundos saen respostas (actitudes) serias e responsables. A persoa humana, por compartir vida, está chamada a ser luz/sal do mundo/sociedade. Dos cristiáns dixo Xesús: "Vosoutros sodes o sal da terra e a luz do mundo". E engadiu: "Se o sal se volve desaborido e a luz se esconde e/ou non brilla...non serven para nada!".

Forte chamada ó compromiso, á vivencia da fe entendida como proposta seria que dea senso á vida humano/cristiá, vivida con dimensión social, comunitaria. Ser luz/sal consiste en saír da inercia dunha relixión privada e evasiva para irmos asumindo o labor de nos liberar de escuridades, dúbidas e escravitudes.

Non é doado. Vivimos no mundo da técnica sen sabios que poñan humanidade (sabor) á vida. Ós nenos, xoves e maiores encamíñanos cara á técnica e ós traballos manuais. A referencia ó humanismo ético e á educación cívica (tamén ó relixioso) exclúese. Perdemos sensibilidade e valores. Róubasenos tempo para a reflexión, o descanso e o gozo de contemplar a natureza e de saborear a vida. Se non espertamos, volvémonos máquinas. Velaí: traballar, consumir, reparar forzas...e volver a empezar!. Precisamos ser reeducados na liña dos sabios para gozar a vida e desbotar o tipo de home/muller, fabricante/consumidor.

A tecnoloxía non chega. Fai falla a harmonía entre ciencia e sabedoría. Paulo VI propuxo a sabedoría como guía/luz. A sabedoría do pobre. O mesmo que propón a Palabra de Deus: "Parte o teu pan co famento, acolle ós pobres sen teito, viste ó espido.."(Isaías). "Alume a vosa luz ante as persoas...para que vexan as vosas boas obras"(Mat.5,13). O sal e a luz son as obras (a fe reflectida na vida!), que non están na lei, no templo, nos ritos ..Están no xeito de vivir os cristiáns/ás.

A Igrexa ten de volver ó Vaticano II, deixar a vella Igrexa de Cristiandade (de masas e de prácticas externas) e asumir a Igrexa viva, de comuñón e de vida ("o Pobo de Deus"), comprometida coa sociedade, laica e plural. A Igrexa ten de ser luz e sal que brille e dea sabor (gozo, alegría e esperanza) a toda persoa humana, desde o testemuño persoal/comunitario, desde a xerarquía ata o conxunto dos católicos/as. A súa luz e o seu sabor ten de se reflectir na familia, na escola, nas empresas, nos medios de comunicación, na cultura, na economía, na política...

A resposta da Igrexa ten de chegar (ver/notar!) nas testemuñas, nas palabras e obras da xerarquía e dos católicos/as da pé. Volvo á pregunta: católicos/as de España/Galicia, ¿estamos a ser luz e sal na sociedade multirrelixiosa actual!?.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES