Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os días e o pan

viernes, 18 de mayo de 2012
Para os romanos, o ideal da felicidade cotidiana estaba perfectamente establecido e chega a nós, vinte séculos despois, como o desideratum social de "panem e circensis", que mesmo tivo unha versión hispana en "pan y toros", entendendo por "pan" o conxunto da alimentación humana, familiar e social.

O cidadán, se o Pai Estado se encargaba de ter cubertos estes dous aspectos - o comer e o lecer- non debería ter maiores preocupacións que a de satisfacer o resto das apetencias, co que cada quen podería fabricarse un xeito de vivir á medida.

O noso refraneiro ten abundantes máximas ao respecto, que o bo vivir sempre foi unha aspiración de todos e en todo tempo, quedándonos neste caso con aquela expresión doutrora de "Vengan días y caigan panes", que mesmo podería completarse coa que afirmaba que "todo neno traguía un pan debaixo do brazo".

Hoxe, nin os nenos traen pan nin caen os pans cando os días pasan, a menos que este primeirísimo alimento o paguemos a precio de ouro, que seica a fariña é un ben escaso e sumamente cotizado.

A cada día que pasa, "o pan" (a alimentación, a enerxía, o transporte... ¡vivir!) está máis caro e os nosos gobernantes non saben máis ca aumentar custos, recortar nos ingresos, premer no controlable, deixar por imposible o incontrolable... E deixar que pasen os días sen "soltar" un "anaco de pan".

E nós, por agora, imos resistindo. Ata cando?. Non o sabemos, pero hai moita xente - fora do movemento de "Indignados" - que se está indignando de impotencia. Que é a pior indignación que os sufridores hispanos do tempo democrático podemos sufrir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES