Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felicidades, Galicia!

jueves, 17 de mayo de 2012
Dicir "Felicidades, Galicia", é felicitar a todos os galegos no noso gran día dedicado á fala e a todos os que souberon utilizala para expresar os seus mellores pensamentos.

Felicitar aos galegos é ponderar que levamos medio século desde que Fernández del Riego e Gómez Román tiveron a feliz idea de propoñer á Real Academia Galega que, cada ano, tal día coma hoxe, se fixese festa na honra da fala e dos que souberon estimala.

Podemos felicitarnos todos por este medio século glorioso, novo Rexurdimento para a lingua e a literatura galegas, no que xa son cincuenta os persoeiros e persoeiras (estas, polo de agora, moitas menos) que gañan despois de mortos a súa definitiva batalla a prol da lingua, a prol de Galicia.

Hoxe é un día grande "per se", pero esa grandeza parece cobrar aínda máis potencia se consideramos que xa hai medio século que o idioma veu nacer o sol que esvaía a "longa noite de pedra".

Por iso, felicidades para todos os galegos por este día. Por iso, felicidades, Galicia!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania