Covas de corrupción
Cardalda, Theo - miércoles, 16 de mayo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Algúns dirán que podo caer na demagoxia, non entanto, que culpa ten un de que a realidade sexa demagóxica. Realidade é Bankia que se lle vai inxectar en pura vea con diñeiro de todos dez
mil millóns de euros.
O seu responsable desta desfeita Rodrigo Rato o Goberno vaino premiar (segundo radio macuto) cun cargo no consello de administración de REPSOL.
Sae de Bankia cunha indemnización de 1, 2 millóns de euros e un salario anual doutros 2,3 millóns. Hai que ter unha "jeta" como a dun zapato vello.
Estes neocons quitáronse a careta e están a mostrar o súa verdadeira face de cobizosos, estafadores, usureiros e con políticas ao servizo de loubáns, banqueiros e políticos.
Non pode ser que boa parte do esforzo do pobo español, teña que ir a salvar a todas estas covas de corrupción: caixas, bancos e corruptos.
Este país vai mal. Este navío vai a pique, o capitán interpreta as cartas mariñas como lle peta e cada singradura que pasa lles conta aos mariñeiros "trolas" a "tutiplé", os oficiais da ponte lles seguen a corrente diante del e por detrás o poñen a parir, logo entre eles andan a liortas para ver que colle o mando.
Imos ver cando veña o tsunami dos estafadores europeos que vai pasar. Xa comenta algún premio Nobel de economía que logo imos ter o "corralito". Non fai falla que o diga un Nobel, xa o temos enriba do lombo coas "preferentes".
Todos estes directivos e responsables desta desfeita bancaria tiñan que ser pescudados. Se houbera xustiza e non "caralladas" quizais non teriamos cadeas para tanto ladrón de luva branca. Se os "condutores de coches oficiais", "os escoltas" e as "putas de luxo"...... falaran..... este país non duraba nin tres días.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora