Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha boa nova

miércoles, 16 de mayo de 2012
Xa non se trata de que cada venres recibamos como un mazazo as disposicións do Goberno estreitando o paso do fluir económico, que convirte estas xornadas en expectante sufrimento consciente de que aínda é posible seguir facendo forza sobre os máis febles.

Semana tras semana, chegan as novas, transmitidas instantáneamente polos medios de comunicación, que nos van mentalizando do gravísimo problema que todos temos, creado de xeito especial polas entidades de creto que sempre se coidou todos nós eramos os seus propietarios. E sen embargo demostrouse claramente que os seus propietarios temporais eran os rectores das mesmas, que se coidaron ben de asignarse gratificacións millonarias vergoñentas, ás que ninguén –nin gobernos nin Banco de España- ousaron poñer coto.

Estes venres “de dores” teñen o seu preludio durante a semana coa información das “primas de risco”, que non deixan de medrar, dos valores da bolsa, que non deixan de caer ata situarse na práctica metade do que valían hai uns anos, coa estatística das familias españolas que teñen todos os seus membros do paro, que superan xa os 1.700.000... e así sucesivamente, nunha historia interminable que serviría para meter medo aos pequenos se non fose da máis palpitante actualidade e realidade.

Os que dosifican a información que recibimos, nas alturas da política e da banca, deberían facilitarnos algunha boa noticia de cando en cando para seguir mantendo en pé o noso ánimo, para poder seguir séndolles útiles aos que gobernan as nosas economías e globalmente a nosa vida.

Porque últimamente non hai nin unha boa noticia. Nin buscándoa. E non pode ser así. Por moito que queiran amedrentarnos, teñen que deixarnos un respiro. Así que, real ou inventada, a ver se de cando en cando nos dan unha alegría, preferiblemente económica, que boa falla nos fai.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES