Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castro na vangarda

martes, 15 de mayo de 2012
En tempos de arroutadas as administracións adoitan principiar as casas polo tellado, e gastan millóns en cemiterios de formigón.

Houbo desprezo ós cartos de tod@s. Construíronse aeroportos sen avións. E mesmo nas cidades hai inflación de locais ou contedores culturais, mentres está a machucarse a cultura.

Na Chaira houbo unha politica de restauración de edificios nobres, que hoxe son centros socioculturais. Con acerto aproveitaron estructuras que gardan a memoria da comunidade, para axeitalas ás novas necesidades e servizos que reclama a poboación: escolas habaneras, rectorais, muíños…

Na economía domestica de cadaquen sabemos que se non selles dá uso ás construcións, deterioranse, e despois é moito máis costoso poñelas a andar. Arestora en varias poboacións gábanse dos espazos que teñen para a actividade de base. O xoves, a Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea vai coñecer novo pulo, devecía por intimar moito máis cos seus veciños. Suplicaba a berros ter máis vida. Xa coñecido coma o ‘Guggenheim' chairego pola sua arquitectura vangardista, vai acubillar unha doazón de pintura do noso “Dalí”, Anxo Lamas, de Bazar.

Os que frecuentamos o gran Bilbao, sabemos o achado que supuxo esta referencia na súa paisaxe cultural e urbana, foi coma unha vaga de aire fresco que deu nova imaxe e lentura a unha cidade aferruxada.

Apostamos por esta primeira singradura, porque é a mellor bendición para Castro, que este pintor, poeta e escultor contaxie co seu alento e xenerosidade este recanto. O mellor padriño para que a Casa da Cultura sexa unha fervenza de cores, sons, recendos, formas… Endexamais é tarde, cando a dita é boa. O local xa contaba cunha biblioteca e unha aula de informática, pero merece moito máis.

A maxia da vida posibilitou que nesta hora afortunada se atopen no seu leito, o artista das cousas máis sinxelas e o pobo e paisaxe que o fan soñar e voar cada alba. Castro ten enerxía para encarar os tempos novos con imaxinación, mesmo agora que ten máis espazos dispoñibles, compre buscarlles novos servizos para a sociedade.

A súa situación xeografica obrigao a concordar todas as vontades para descubrir e pór en xogo fontes xenerosas e dinamizadoras con proxección en todo o país coma foi Entolearte.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES