Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

''Malos tiempos para la Lírica''

jueves, 03 de febrero de 2005
A onde pode chegar a desvergoña e ousadía nestes tempos que corren de barafunda e barullo político. Aló polos anos oitenta, un grupo galego de nome Golpes Bajos, cantaban unha canción que daquela fíxome cavilar un pouco a testa, a canción titulabase "malos tiempos para la lírica". Coido que xa aventuraban un futuro de marañas "líricas" e políticas, onde hoxendía o desconcerto e a trapallada de algúns personaxes falando da democracia, de ser "demócrata" chega a límites insospeitados, acusando a demócratas de toda a vida de neofascistas.

Isto ven a conto sobre as declarións do concelleiro presidente das Xuntas de Chamberí e Villa de Vallecas do Concello de Madrid o Sr. Ángel Garrido García. Este Sr. convocara por carta aos afiliados do PP a pronunciarse contra o Goberno na manifestación do sábado pasado da Asociación Víctimas do Terrorismo. Nunhas declaracións aos medios de comunicación a súa chegada ao pleno do Concello, o Sr. Garrido afirmou que o Sr. Bono é un "embustero", comentando deseguido que "eso ocurre porque hay un delegado del Gobierno que ha impuesto un sistema "neofascista en la ciudad........".

O Delegado do Goberno de Madrid na actualidade é D. Constantino Méndez Martínez, persona que coñezo dende aqueles anos da "Longa Noite de Pedra". Home de unhas virtudes e convicións democráticas que moitos políticos da agora non lle chegan á altura dos pés do Sr. Méndez.

Constantino, naqueles tempos tenebrosos da dictadura e transición á democracia, sempre estivo ao pé do canón na loita polas liberdades deste país. Foi membro de A.D.A Asamblea Democrática de Arousa, órgano arousán onde estaban tódolos partidos democráticos inclusive algúns sen legalizar coa finalidade de acadar as liberdades de un país democrático.Eran tempos en que ser soamente demócrata era motivo de entrar na cadea.

Unha das máis antigas asociacións de veciños de Galicia, como é a de Vilaxoán, moito ten que ver na súa fundación o Sr. Méndez Martínez, sendo hunha honra para esta asociación e Vilaxoán que aínda esté reflexado o seu nome e a súa sinatura nos primeiros estatutos da devandita asociación, cooperando en ela nos anos setenta como asesor. Non teño dúbida ningunha que coñecementos políticos e bagaxe democrático o ten dabondo, non fai falla que o diga eu, compañeiros de Vilagarcia e de Arousa daquela loita, daquela fermosa e altruísta andaina, son testemuñas do seu talante e da súa personalidade como home demócrata e excelente persoa.

Non teño o gosto de coñecer persoalmente ao Sr. concelleiro de Madrid Sr. Garrido, nin sei a idade que pode ter, pero o chamar "neofascista" ao Sr. Méndez é dunha ilimitada irresponsabilidade e de descoñecer os principios dun sistema democrático , a non ser que o Sr. Méndez se volvera tolo, cousa que nin o penso por mor de que segue no mesmo posto. O que sí gostaríame saber é a historia, o bagaxe democrático e a loita polas liberdades do Sr. Garrido en todo este percorrer e andaina dende os anos setenta ata agora. Este personaxe público que ten a ousadía de facer esas declaracións dende o meu punto de vista non é de fiar. O que tiña que facer era botar a lengua a pastar que lle daría moito máis proveito.

Sempre que acontece politicamente algo semellante, fágome a pregunta máis simple, pero que xamais teño a resposta. ¿Cómo foi posible que un reximen dictatorial aguantara 40 anos, cando nos anos oitenta e da noite para a mañán todos eran demócratas?. Cecais este concelleiro de Madrid o Sr. Garrido, pódeme da-la resposta.

E seguimos hoxe coa mesma canción de entón: "malos tiempos para la lírica".

Vilaxoán, 29-01-2005


Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES