Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mercar ou alugar

martes, 15 de mayo de 2012
Por Europa adiante prefiren alugar vivendas, aquí adoitamos comprar. Partindo de bases económicas moi modestas, nos anos cincuenta, sesenta e sucesivos, as cidades e pobos nutríronse co aluvión que procedía do rural, e os recén chegados para formar verdadeiramente parte da comunidade quixeron ser propietarios.

No rural, todos son pequenos propietarios, e non era cousa de deixar de selo polo feito de trasladarse á cidade. E do mesmo xeito que antes era pobre de solemnidade o que “non tiña onde caerse morto”, despois foi pobre o que non tiña onde asentarse vivo. E daí ven toda a nosa esperanza de ser propietarios, posuir un piso, un chalet, un apartamento... algo.

Deso se aproveitaron os bancos e entidades de aforro nos noventa e comezo de século cando favoreceron os créditos totais que abarcaban piso, mobles, coche... en tola carreira que acabou en ningures e do que se están sufrindo as peores consecuencias.

Preténdese agora que sexamos máis europeos, e foméntase o aluguer de vivendas e non a compra, cando se non hai cultura de alugados tampouco a hai de alugadores, e non abundan os pisos en aluguer e si para a venda.

As axudas facilitadas ata o de agora para o aluguer nin paliaron problemas nin deron solucións, polo que cabe agardar que se se quere fomentar o aluguer se lle bote imaxinación e se aporten fondos en cantidade axeitada para que medre este xeito de conseguir vivenda.

E que baixen os alugueres. Porque se un aluguer custa pouco menos ca unha hipoteca por longa que sexa, sempre será mellor endebedarse e ir pagando sabendo que ao final da longa marcha o adquirente vai ter unha posesión cun determinado valor que, no caso do aluguer, nunca existirá. Ou sexa que moito teñen que cambiar as cousas para que o alugar sexa máis atractivo que mercar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES