A cascuda
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 14 de mayo de 2012
O ruído da máquina comecartos espállase polo local e unha cascuda fuxe por entre as xuntas de dúas pedras de granito.
Un letreiro anuncia a saída de emerxencia, pero a cascuda fuxiu precisamente polo lado contrario.
Cando a máquina comecartos queda en silencio porque as moedas que lle estaba a meter un mozo esgotáronse, a cascuda asoma pouco a pouco para botar unha visual. Non hai inimigos no horizonte e baixa, entón, con parsimonia na busca de algo para levar ao seu bandullo.
A entrada dun novo cliente no local fai que a cascuda zapatille cara ao seu acocho. Non volveu saír nun tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora