Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

S.S.S. e os museos de Mondoñedo

jueves, 03 de febrero de 2005
O nome predestinábao. Seus pais aportaron os apelidos "San Cristobal-Sebastián", e asináronlle como nome "Santos". O lóxico era que o rapaz se orientase hacia a vida relixiosa.

Don Santos, como se lle coñece familiarmente en toda a diócese de Mondoñedo, é galego residente desde hai máis de medio século. Pero o seu nacemento segoviano no ano 28 é confesado pola fala sen a máis mínima dúbida.

Don Santos ten varios amores. Un deles é a cidade de Mondoñedo, e a ela están adicados algúns dos seus libros. Outro amor, a Catedral mindoniense, sobre a que editou publicacións en tres ocasións. E o terceiro, e eu coido que o máis grande, o Museo.

Don Santos, que parece que non anda mal de cartos, decidiu hai moito tempo que o feito de que Mondoñedo (cidade, diócese e catedral) tivese un museo, era motivo abondo para desprenderse dalgúns bens terreais.

E ahí temos a este crego setentón, bonachón e namorado de Mondoñedo, da Catedral e do Museo, adicando ós seus amores toda a vida.

Como o Bispo de Mondoñedo -os designios do Señor son inescrutables- decidiu que xa estaba ben de que don Santos gobernase o museo, licenciouno o ano pasado. Co resultado de que don Santos anda aquelado e o Museo manga por ombreiro.

Pero don Santos é home de recuros. E non só económicos. Entérome agora que ven de crear un fundación pro-museos, e vai crear non un senón varios, para seguir coa súa afección-vocación-amor.

¡Ánimo, don Santos!. Que facendo un Museo diocesano tamén se fai apostolado. E unha cidade como Mondoñedo -Cunquiña deleitosa, que dixo o poeta- merece eses museos, e merece o seu amor e a súa adicación.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES