Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Penas con pan

lunes, 14 de mayo de 2012
Di o refrán que “Penas con pan” son menos penas, querendo simbolizar que non tendo problemas económicos, calquera pena que se poida sufrir é máis levadeira.

O mesmo poden pensar todos aqueles que se poidan sentir incluidos na recente disposición do Goberno de aumentar as penas que se apliquen aos contribuíntes que defrauden en cantidades importantes á Facenda pública, que mesmo serán de cárcere se se superan determinados importes.

Neste país adoitamos tomar a beneficio de inventario determinadas disposicións que afectan a un determinado ámbito e a un determinado nivel sabendo que os contribuíntes que máis deberían aportar tamén poden ter os mellores asesores para diminuir esas aportacións, dentro da Lei ou rebasándoa.

Moitas das disposicións que agora se adoptan parecen feitas de cara á galería máis que tendo en conta a realidade na que estamos inmersos, xa que se serven para quedar ben “diante de Europa”, pois vale, pero entre nós sabemos que os sistemas teñen que ser outros para conseguir que desapareza ese trinta por cento de economía sumerxida – mergullada, quizais habería que dicir- asomando ao exterior e cotizando axeitadamente.

As penas que sufra o infortunado económicamente, esas si que son penas. E son penas as que se impoñen a quen roubou un bocadillo ou similar elemento de absoluta necesidade. Pero as penas que se impoñan por defraudar cifras de euros moitas veces milenarias non deben preocuparnos, como non preocupan aos que pudieran verse afectados. Seguimos igual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES