Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As radios nos estadios

viernes, 11 de mayo de 2012
O fútbol, a verdade, nin me vai nin me ven.

Sigo os picos da actualidade futboleira pola forza dos impactos televisivos, e entérome de cal vai de primeiro na Liga, quen combate e con que fortuna na Champions Ligue (Liga de Campións, para entendernos), e de tarde en tarde entérome como van os equipos dos meus amores (sempre relativos), que veñen ser o Racing Club Villalbés, por orixe, o Villareal, que alí está o meu amigo Diego López de Paradela, e coido que nada máis. Que tiña amores co Granada, pero Fabri xa non está alí e nada me ata a aquel equipo andaluz.

A Liga de Futbol profesional púxose farruca e pretendeu que as emisoras de radio pagasen por transmitir os partidos, e rachouse unha convivencia de decenios tendo as radios que abandoar as instalacións deportivas. Porque que paguen as televisións, está ben. As grandes, que as pequenas –as televisións locais– bastante fan con divulgar a actividade dos equipos, tamén pequenos, das súas localidades como para ter que pagar.

E aquí lembro un contencioso – político/futboleiro – que en tempos houbo entre o C.D.Lugo e Televisión Lugo, que supoño se terá arreglado a estas alturas (falo de 1998) porque pretender que pagase a televisión local de Lugo, a primeira das televisións locais de Lugo, por difundir crónicas dos partidos era aberrante cuestión que non tiña máis saída que o esquecemento na televisión local de que existía un equipo de futbol con dirixentes con escaso sentido común.

Parece que agora as augas volven ao seu cauce, e as emisoras poden volver aos estadios. Vale, pero quen viñan perdendo eran os equipos coa difusión dos seus encontros. E en credibilidade por parte da afición. Porque como as televisións entraban, as radios non tiñan máis ca que conectar coa emisora que transmitía o encontro e, diante das imaxes, proceder en consecuencia: informar.

Non se poden poñer portas ao campo, nin muros, especialmente aos campos de fútbol. E as emisoras deben poder informar, para que os afeccionados sigan aos seus equipos e, ás veces, se animen a ir a eses campos.

As radios deben estar nos estadios. Se non están, perden as radios, pero moito máis perden os estadios, e os afeccionados que agardan ser informados.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES