Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lacaios do "Casino" europeo

viernes, 11 de mayo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Vaia medios de comunicación de calidade que temos. Xamais vin tanta repugnancia e manipulación que están a facer coas eleccións gregas e francesas.

No caso de Greza só están a referirse a eses Nazis sen falar da vitoria da esquerda dando unha impresión de que ese país atópase
ao borde do fascismo.

As eleccións en Greza deron como resultado o fin do bipartidismo, un auténtico desafío do pobo aos recortes impostos pola “troika” das dereitas N.D. e o que se di de esquerdas PASOK, ese
bipartidismo do que tanto estamos aturando en España. Foi unha escandalosa derrota no seu afán por perpetuarse no poder e impoñer as reformas deste casino europeo de especuladores que
montaron os gobernos neoliberais, saqueando os diñeiros públicos, privatizando e roubando a mans cheas.

Non se pode tolerar dicir barbaridades na televisión pública a certos analistas (mercenarios da información) que, a peor noticia das eleccións gregas era a vitoria desa esquerda radical do grupo
Syriza, coalición semellante a Esquerda Unida en España. Están a largar eses opinadores-lacaios a mensaxe de que IU en España é unha esquerda radical equiparable a un partido nazi. Non teñen
vergoña ningunha, son uns estómagos agradecidos que está deixando a profesión de xornalistas a rente ao chan.

Non pode ser que estes elementos digan que un partido que intenta restaurar os valores mínimos da esquerda, dunha clase traballadora saqueada pola banca e as oligarquías sexa
igual que un partido filonazi que nas súas arengas chaman a violencia. Exemplo o temos na roda de prensa que fixo o “capo” dese xurásico partido nazi que obrigou aos xornalistas a poñerse de pé cando o “ Führer” entrou na sá.

Estes lacaios seguen facendo o traballo porcalleiro dese “casino especulativo ” de aparvamento das masas.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES