Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O traslado do monumento a Xoán Montes

jueves, 10 de mayo de 2012
O traslado do monumento a Xon Montes A VOLTA A PRAZA DE SANTO DOMINGO CONTEXTUALIZA AO PERSONAXE NO SEU ESPAZO VITAL

Os concelleiros do BNG Antón Bao e Paz Abraira, responsables de Cultura e Turismo e Infraestructuras respectivamente, anunciaron que van estudiar o traslado da estatua de Xoán Montes do xardín de San Roque á Praza de Santo Domingo. A min paréceme unha decisión acertada dado que actualmente está descontextualizada xa que o gran músico lucense nada ten que ver con este popular barrio lucense, pero si coa citada praza onde estivo a casa na que viviu e morreu, e onde se instalou o monumento que tivo dous emprazamentos diferentes, un primeiro na parte alta da praza, onde se atopa o monumento do Bimilenario, e o segundo na parte baixa, preto da que foi a súa casa.

O insigne músico lucense, Juan Hermenegildo Montes Capón, organizador e primeiro director da Banda Municipal de Música e do Orfeón Gallego, naceu en Lugo, posiblemente no número 30 da Rúa Nova, o 13 de abril de 1840. Seus pais foron Félix José de Monte e Juana Capón Castro. Morreu inesperadamente no amencer do día do seu santo, 24 de xuño de 1899, na casa número 23 da Praza de Santo Domingo, despois de escoitar unha serenata que lle dedicaron os seus alumnos.

O monumento

Dous días despois da súa morte, o diario El Lucense no artigo titulado Un tributo al genio, propón dedicarlle un mausoleo, o nome dunha rúa ou dunha praza e unha estatua, lápidas conmemorativas e outros recordos, para render o debido tributo ao insigne artista. Tamén dicía que "era preciso no escatimar los lauros al mérito ni ser ingratos para el que fue amable maestro y cariñoso convecino. Y en medio de los recursos de que podemos disponer es indispensable que demos una prueba de que sabemos apreciar en lo que valen las glorias que nacen entre nosotros."

Por ser o pianista do Círculo de las Artes, a entidade celebrou sesión extraordinaria o 28 de xuño, dando conta dunha comunicación asinada por don Salvador Cabeza León e don Alfredo Brañas, presidente e secretario respectivamente da Liga Gallega de Santiago, na que se calificaba ao músico como gloria del arte musical de Galicia y de España, acordando consignar en acta a súa pena pola perda e o desexo de levantar un monumento en Lugo a la memoria del que era un verdadero genio de la música y del canto popular de Galicia y en el cielo del divino arte, una estrella semejante en magnitud a Rosalía de Castro en la esfera de la poesía regional.

Ao Círculo parecíalle aceptable a idea por coincidir co acordo tomado o día 24, no que comisionaron ao presidente, vicepresidente, secretario e director artístico da Sección Lírico Dramática, para que propuxesen o tipo de obra a facer coa que perpetuar a súa memoria:

Entiende además, la Junta que el nombre de artista tan esclarecido, no puede ser olvidado en el transcurso de los teimpos; que su memoria debe mantenerse constantemente viva por medio de algo externo que la perpetúe y que el Círculo de las Artes de Lugo está obligado a tomar en tal sentido la iniciativa, y, al efecto acuerda que los citados señores presidente, vicepresidente y secretario, en unión del Sr. don Francisco Rodríguez Besteiro, director artístico en la actualidad de la sección Lírico Dramática, estudien y propongan en plazo breve el modo de dar forma a las aspiraciones de la Junta teniendo en cuenta que el pensamiento de esta es el de realizar una obra que no revista exclusivamente carácter local, puesto que la pérdida irreparable del maestro insigne afecta no solamente al pueblo lucense donde vio la luz de la vida, vivió y produjo sus más hermosas composiciones, sino a los gallegos todos, que en Galicia buscan en la música de Montes regocijo y esparcimiento para el espirítu, y fuera de Galicia consuelo a las tribulaciones que ocasiona la nostalgia de la patria.

Na parte alta da praza de San Domingos, fronte a rúa de San Marcos, levantouse o monumento co pé de mármore branca, sobre unha base de granito e o busto de bronce modelado polo escultor Duque. Leva unha lira sobre dous ramos de loureiro en bronce e debaixo a dedicatoria:

“Al insigne músico y compositor D. Juan Montes, hijo de Lugo”.

No mes de xaneiro de 1904, algúns veciños protestaron por escrito ao Concello pero outros aplaudiron a idea poñendo coma exemplo o que se fixera na praza do Campo do Castelo. Posteriormente trasladouse ao fondo da praza de Santo Domingo que era o lugar idóneo pola proximidade da casa de Montes.

En 1949, cando xa estaba en San Roque, con motivo do 5o aniversario do seu pasamento, o Centro Lucense de Bos Aires dedicoulle unha placa que se colocou na base do monumento.

A rúa

Por outra banda o 25 de xuño o diario El Regional instaba ao Concello para que na primeira sesión que celebrase a nova Corporación fose fiel intérprete dos desexos e sentimentos do pobo lucense, dedicándolle unha rúa:

Es frase obligada en casos como el presente, que "un pueblo que no sabe honrar a sus hijos ilustres, no es digno de ellos". Pues no. Por esta vez el pueblo lucense sabrá ser digno del maestro Montes. Y mientras aquel no lleva a cabo empresa más grande que recuerde perpetuamente la memoria de aquel gran maestro, todos esperan -o más bien esperamos- que el Ayuntamiento de Lugo en la primera sesión que celebre, sabrá ser fiel intérprete de los deseos y sentimientos del pueblo lucense, dando a una de las calles el nombre del más distinguido de sus hijos. Que es lo menos a que está obligado el Municipio y lo menos también que, como póstumo homenaje puede hacerse a la memoria del eminente maestro.

En efecto, na sesión celebrada o día 14 de xullo de 1899, o Concello acordou que a rúa de Bilbao se chamase de Juan Montes.

Localización da casa

O 27 de xuño o diario La Idea Moderna, ao dar a noticia do óbito, no epígrafe "La casa de Montes", facilita datos que axudan a localizar o lugar que ocupou. Dicía:

Es la señalada con el número 23 de la Plaza de Santo Domingo; consta de un solo piso y es bastante reducida; el Sr. Montes estaba encariñado con su casita y no quería hacer en ella ninguna modificación, ni tampoco abandonarla.

Así mesmo na Acta de Defunción consta domiciliado en esta capital Plazuela de Santo Domingo nº ventitres.

Tamén se di que naceu, viviu e morreu nela, anque parece que naceu no número 30 da Rúa Nova, pois seus pais figuran censados alí cando tiña un ano. A partida de bautismo omite o lugar de nacemento. Ao dar información sobre o enterro, El Regional sinala que a xente se xuntou desde antes das seis da tarde, frente a la casa donde nació, vivió y murió el distinguido artista en la plaza de Santo Domingo.

Da revisión dos expedientes de obras que se conservan no Arquivo Histórico Provincial, sabemos que a casa de Juan Montes, número 23, foi derrubada en 1928 para construír outra que a súa vez foi substituída en 1990 por outra coa condición de que conservara a fachada. Non se fixo así pero arremedou a forma das portas dos balcón da primeira planta que tiñan vidreiras modernistas, o que nos sirve como referencia para a súa localización. Do dito, dedúcese que a numeración actual coincide neste tramo coa de 1899, e que a casa de Juan Montes estivo no mesmo lugar que o número 23 ata 1928.

Con motivo do centenario da súa morte, en 1999, sendo concelleiro de Cultura Ignacio Rodríguez Eguibar, colocouse unha placa fronte a casa número 23 para recordar que alí vivira e morrera Juan Montes Capón, gloria da música coral galega, primeiro director da Banda Municipal (1876), e fundador do Orfeón Gallego (1888).
De Abel Vilela, Adolfo
De Abel Vilela, Adolfo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES