Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumpliremos co déficit

jueves, 10 de mayo de 2012
Os galegos estamos afeitos a figurar como comunidade nos últimos lugares da escala das autonomías españolas, sabendo a nosa modestia, o envelleceemento da poboación, a difícil relación entre o número de traballadores e os pensionistas, e a destrucción de tecido productivo xunto co abandono do rural que nos mergulla nun ambiente pesimista no que levamos navegando desde hai moito tempo.

E velaquí que nos dan a que supoñemos que é boa noticia, de que este ano Galicia non só cumprirá co déficit esixido para a converxencia con Europa senón que será das autonomías máis cumpridoras en canto a contención do gasto e equilibrio entre os ingresos e gastos das entidades públicas.

Se se prevé que o déficit máximo admitido sexa do 1,5% do Producto interior Bruto, Galicia vai pechar o presente ano de seguir a marcha que neste momento leva co 1,1%, sendo só mellorado o resultado por La Rioja cun 1,00% e Madrid, co 0,8%. O resto das autonomías supera largamente esa cifra ideal chegando a duplicala varias delas e a triplicala a de Castilla-La Mancha.

A pesar de este cumprimento, Galicia ve rebaixada a súa nota por parte da axencia Standard&Poor´s, como outras oito comunidade, como lle pasou recentemente á economía española, o que nos fai sospeitar que non todo está conseguido por cumprir coas previsións de déficit, senón que interveñen outros varios factores que, ou se nos escapan como concepto ou se lles escapan aos nosos gobernantes como realidade económica incontrolable.

Está ben, moi ben, que as nosas institucións autonómicas regulen a súa economía e non presente desfases dos que todos teríamos que arrepentirnos. Está ben, porque é un deber de primeira orde de calquera institución non investir – non gastar – máis que o que recauda ou pode conseguir. Polo tanto, non se fai máis que cumprir coa primeira obriga básica de calquera institución.

Cumpriremos co déficit, malia quen pese. Só fai falla que a economía volva á vida, que tomemos conciencia da aparición de brotes verdes – cando aparezan- e que a nosa vida (especialmente a económica) volva a unha relativa normalidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES