Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baixan os precios

miércoles, 02 de febrero de 2005
Nunca. Nunca cremos as cifras ou porcentaxes que se refiren ó custo da vida. Antes e agora.

Antes, e refírome a hai moito tempo, por non fiarnos dos organismos que confeccionaban estes datos, sempre parte interesada de que o tema non se desmandase.

Agora, e refírome a "agora mesmo", por entender que non se abarcan tódolos factores posibles, e determinados productos non se consideran dentro da "cesta da compra", ou incidentes no sistema de oferta e demanda, que ten unha ben directa manifestación na subida ou baixada de precios.

Por experiencia, sabemos que os precios -como o fume- tenden a subir, en maior ou menor medida, pero a baixar nunca.

Aínda que algunhas cousas parece que van baixar. Entrelas están as medicinas, que van sufrir unha baixa dun catro por cento, por decisión gubernativa, e especialmente para que a Seguridade Social teña que pagar unha factura menos elevada. Entrelas están o transporte público, existindo un plan na comunidade galega que afecta ás diversas cidades, de xeito que baixen os billetes dun xeito moi importante.

Pero esto non significa nada dentro dun panorama xeral de precios en alza, que soben de xeito moi apreciable aínda que os estudios e estatísticas non teñan coñecemento del.

Dentro desas baixas, hasta teremos que estar satisfeitos coa noticia de que o precio medio da vivenda en España sobe case o doble que en Galicia. Só falla que alguén confeccione un cadro comparativo entre os precios da vivenda e os seus incrementos, cos salarios medios e a súa evolución nos últimos tempos.

En fin: Supoño que lembran aquel vello conto do Ministro de Obras Públicas que diante das realidades que lle contaban sobre o estado das carreteras e a imposible relación co que publicaban os medios informativos, exclamaba: "¡Pois menos viaxar, e máis ler a prensa!".

Eu prometo seguir todas as informacións que haxa sobre a evolución dos precios. Pero tamén quixera viaxar. E seguir sendo consumidor. ¡Mentras poida!. Aínda que os precios non baixen. (Que non baixan).
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES